sábado, 6 de abril de 2013

AS FERRAMENTAS DOS PINTORES. . . E ALGÚN QUE OUTRO EXPERIMENTO ARTÍSTICO. . .

Antes das vacacións apareceron  misteriosamente na nosa clase os seguintes utensilios. . . 
Sospeitamos que foi cousa do Pirata Malapata, que acostuma a deixarnos sorpresas para facernos pensar. . . e vaia si pensamos. . .  


Tras darlle unhas cantas voltas ao asunto, Isma chegou á conclusión de que "la cosa con patas es para poner el cuadro y pintar". Pedinlle que collese a pizarra magnética e a colocase como si fose un cadro, para ver como quedaba e. . . convenceunos a tod@s. . . Este vai para político ! ! ! je je je. . .


Así foi como rematamos falando dos utensilios que empregan os pintores para traballar nas súas obras de arte: caballete, lienzo, pincel, paleta, pintura, etc.
A curiosidade destes pequerrech@s é infinita, pero a súa memoria tamén. . . 
Retomamos o tema esta semana e. . . moitos lembrábanse dos nomes destes utensilios.


Pero a cousa non podía quedarse só en coñecer as ferramentas, había que experimentar e pensamos. . . 
Só podemos facer Arte con estos utensilios ?
E con outras cousas podemos pintar?
Podemos pintar con. . . pelotas?
Pois, si !!! iso foi o que fixemos. . .  Experimentar e facer Arte pintando ao tempo que facíamos rodar unhas  pequenas pelotas de goma dentro dun caixón. . .


A verdade é que  nos quedaron cadros bastante parecidos aos de Jackson Pollock. . . polo menos, iso pensamos nós. . . Queredes velo???

ARTISTEANDO . . . on PhotoPeach

Aqui vos deixamos as plantillas dos traballiños que fixemos.



BICOS.


1 comentario: