viernes, 20 de septiembre de 2013

BENVID@S AO CURSO 2013-2014 ! ! !

Agora que o verán está a piques de rematar e tod@s voltamos ás nosas rutinas diarias, comezamos un novo curso no que xa non somos @s pequen@s da escola !!!
As nosas aventuras piratas continúan. . . pero todo o mundo agarda máis de nós: máis atención, máis sentidiño, máis responsabilidade, máis autonomía. . . polo que precisamos da vosa colaboración na casa para axudarnos a medrar.


Este curso cambiamos de clase e temos dous amigos novos: unha nena que se chama Aymar e un neno que se chama Izan. Benvid@s amig@s!!!

Estamos sentados en 4 equipos de mesa aos que ainda non lles puxemos nome, cando rematamos o traballo ímos á mesa da profe (pero na fila non pode haber máis de 5 nen@s, por iso temos uns números no chan que nos axudan a facer a fila. . .), o baño xa non está na clase, Luz é profe dos pequeniños de 3 anos e o profe Xoán ven a axudarnos, os mártes ímos ao ximnasio con él e co profe Óscar. . .  Ufff. . . un lote de novidades. . . 

Pero hai cousas que non cambian. . . e como unha imaxe vale máis que mil palabras. . . e hoxe estou gamberra. . . 


Ejem. . . por favor, poñédelle unha cinta longa ás chaquetas para que poidan colgalas porque no chan do baño . . . non sempre hai auga. Ás veces non apuntamos ben. . . non sei si me explico. . . 


E agora ímosvos a amosar algunhas das cousas que fixemos nestes primeiros días: un cadro do mar, repasamos algunhas letras e números que xa coñecíamos, xogamos, falamos, escoitamos contos, fixemos unhas etiquetas cos nosos nomes para poñer na nosa caixiña das ceras brandas, xogamos na pizarra dixital co profe Xoán, etc.

ESTREAMOS O CURSO 2013-2014 ! ! ! on PhotoPeach

Que teñades unha boa fin de semana.
Bicos.

1 comentario: