sábado, 21 de diciembre de 2013

VOLTAMOS A CASA POLO NADAL . . .

Como din na tele, nós tamén voltamos a casa polo Nadal, pois comezamos as vacacións e pasaremos uns días descansando cas nosas familias, cheos de ilusión pola chegada de Papá Noel e os Reis Magos, e tamén desexando ensinar na casa cánto traballamos ao longo deste trimestre.


Como seguramente xa comprobaríades, nos traballos dos vosos fill@s non había nada relacionado co proxecto do mar, pois os pequen@s non entenden de trimestes e sí de intereses.
Así que como o seu interese non decae, e teñen aínda curiosidade e preguntas que temos que tentar respostar, retomaremos as nosas investigacións sobre o mar e Peteiro á volta das vacacións.


Nestes días, deixamos o mar un pouco en calma para adicarnos case por completo a deixarnos invadir pola maxia do Nadal.
Preparamos bolas para a árbore de Nadal de casa ca nosa foto e escribimos a carta para As Súas Maxestades de Oriente.


Traballamos en equipo cos compañeir@s da clase da profe Pilar para montar unha árbore de Nadal.


A profe Elena dounos unha sorpresa de Nadal e trouxo ao cole a Marquitos, a súa mascota.
Coñecímola, acariciámola e gustounos tanto que fixemos uns debuxos preciosos del.


Graciñas Elena !!!!

Traballamos moito facendo estrelas para decorar na casa. . . 


Amodiño a con calma. . . 


Para que quedasen así de fermosas. . . 


Elaboramos as nosas portadas para os traballiños con moooooooooita ilusión.




Vimos un conto de Nadal na pizarra máxica, ca axuda da profe Eva e fixemos xogos de comprensión do conto.


Aqui vos deixo o enlace do conto e os xogos de comprensión para os que queiran repetir na casa:



E tamén os enlaces doutros xogos cos que nos divertimos nestes días:




E así foi pasando a semana, ata que chegou o gran día e As Súas Maxestades de Oriente visitaron o noso colexio.
Aqui nos tendes nunha espera cargada de emoción que se nos facía eterna. . . 


Ata que por fin chegan e puidemos saudalos ! ! !









Pero  estou segura de que estades desexando ver cómo entregamos a carta aos Reis Magos. . . 
Bueeeeeeno, pois alá vai. . . 

A visita das Súas Maxestades. . . on PhotoPeach

E para o fin de festa, xogamos nos recunchos tranquiliñ@s mentres que a profe preparaba os traballiños e demáis cousas para que levásemos.


E para rematar unha ADIVIÑA DE NADAL:

Unha señora, moi enseñorada,
que remexeu na carpeta, 
e as notas quedaron tiradas. . . 
Quén foi ???

A solución á volta das vacacións. . . e mira que dixen que non abrisen a carpeta ata chegar a casa. . . 
Ejem. . . que non cunda o pánico, porque atopou o sobre cas notas  tirado a bruxa Pepita e deixounas na miña mesa. . . 

Unha aperta para Andrea que se perdeu a festa cos Reis, pero que ten os seus traballos e o agasallo que lle deixaron As Súas Maxestades agardando por ela na escola.
Graciñas familias pola vosa colaboración ao longo deste trimestre ! ! !
Bó Nadal e que no 2014 se cumpran todos os vosos soños.

Bicos.

1 comentario:

  1. Graciñas polos vosos comentarios aos que vos atrevedes a escribir!!!

    E. . . un desexo para tod@s :pensade en todo o que vos fixo sorrir no ano que está rematando e olvidade o demáis. . . e agora pechade os ollos e concentrádevos para que todo iso que vos fixo rir se multiplique por 2014 no ano que nos agarda ! ! !
    Hai que botarlle maxia á vida ! ! !

    Un bico enorrrme.

    Bibi.

    ResponderEliminar