viernes, 5 de diciembre de 2014

AS DERRADEIRAS ARTISTADAS DE OUTONO

Antes de meternos de cheo no Nadal, que xa está á volta da esquina, temos que ensinarvos as nosas derradeiras . . . 



Como xa sabedes,  fixemos uns caracoliños de castaña e plastilina, sobre un patrón dunha folliña que nos pasou a profe Aurora.


Deste xeito aproveitamos algunhas das castañas que pedimos para o Magosto e que viñan sen picar.

Pero tamén fixemos unha montaxe con dous esquíos moi simpáticos que comparten unha landra sobre a rama dunha árbore. O patrón dos esquíos é da páxina : http://krokotak.com/.


Ímosvos dar unha exclusiva: Quedou tan bonita que ímola usar de portada para os nosos traballiños! ! !

E así foi cómo fixemos estas manualidades:

Artistadas de Outono on PhotoPeach

Bicos.


1 comentario: