sábado, 23 de mayo de 2015

UN PAR DE COUSIÑAS E. . . PENA PORQUE A NOSA AVENTURA REMATA . . .

A semana pasada non publiquei nada porque, xunto con algunhas das miñas compañeiras estivemos nunhas xornadas de formación que organizaban na Fundación Barrié sobre infancia e asombro.
Ali, impresionounos moito a primeira das ponentes, Catherine L'Ecuyer, autora do libro "Educar en el asombro". 
Aqui vos deixo o enlace ao seu blog por si tendes curiosidade:

Agora si, fáltanme un par de cousiñas por contar para actualizar o blog.

Lena  lembrounos os movementos da Terra e a lúa grazas a un curioso xoguete que lle fixo o seu avó con madeira.
Que importantes son os avós e que inxenio máis grande teñen! ! !


Ás veces, abúrrense no patio, non saben a qué xogar e discuten moito.
É importantísimo xogar, pero tamén ensinalos a xogar e a relacionarse.
Temos que xogar con eles e ensinalos a xogar.

Nestes días propóñome poñer de moda algún que outro xogo. . .ejem. . . 
Empecemos pola goma!
Non sei cánto lles durará, pero de momento están entusiasmad@s.


Damos por rematado o proxecto do espazo que nos acompañou durante todo o curso, contra todo pronóstico.O seu interese parece tan grande como o propio Universo pero. . . temos que comezar a desmontar o"chiringuito" , e durante os próximos días, comezarán a levar para casa todo o material aportado para investigar.

Aqui nos tendes preparando as contraportadas do noso dosier que resume algunas das moitas cousas aprendidas.


A partir de agora, o tempo que resta ata o final de curso, que non é moito, pero si suficiente para seguir desfrutando, aprendendo, xogando e medrando; ímos coñecer a unha pintora galega cunha grande personalidade e uns cadros moi " espaciais": MARUJA MALLO.


O tempo pasa rápido cando o que fas é divertido! ! !

Tendes máis abaixo 5 entradas máis que subín hoxe para poñer o blog ao día, así que tomade asiento! ! !

Bicos e boa semana! ! !

1 comentario: