Estivemos lembrando as vogáis xogando na asamblea cunhas cartas de letras e debuxos.
Primeiro repartimos unha carta a cada un/unha e non podíamos deixar que os compis viran o que tiña.
Logo os/as que tiñan cartas con letras tiveron que buscar á súa parella (unir maiúscula con minúscula).
Os/as que tiñan debuxos tiñan que colocar o debuxo na fila da letra pola que comezaba.
Tamén xogamos a comer galletas con forma de letras, pero antes de comer tiñamos que recoñecer a letra que nos tocara.
Ademais, nestes días estivemos traballando a data de distintos xeitos.
Na asamblea ao chegar faino o/a encargado/a coa axuda da profe Luz , logo entre todos facémolo no encerado e, de xeito individual, comezamos a facelo cunhas novas plantillas un pouco máis complexas que as que usábamos o curso pasado porque xa somos moi maiores, e así traballamos a lectoescritura e a lóxica-matemática.
Qué vos parecen?
Aqui vos deixamos un vídeo resumo.
Xogos con letras on PhotoPeach
Agardamos que vos gusten as nosas novas aventuras.
Este curso, como xa vos dixen na reunión, irei actualizando o blogue a pouquiños e igual non sempre na fin de semana, según o tempo que teña.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario