domingo, 28 de mayo de 2017

Letras Galegas 2017: Carlos Casares

Para traballar a figura de Carlos Casares fixemos distintas actividades na aula, moitas delas empregando a pizarra dixital coa profe Luz.
Tamén limos moitos dos seus contos, vimos unha obra de teatro e fixemos un pequeno caderniño de xeito individual.

Uns días antes da celebración no colexio fomos ao salón de actos da Universidade Laboral para celebrar as Letras Galegas coa música de Paco Nogueiras no concerto Brinca Vai.

Fomos andando e o alumnado maior de 4ºB ( da clase da profe Tesi ) foron os encargados de acompañarnos e coidarnos no traxecto tanto de ida como de volta.

Aqui vos deixamos un vídeo resumo da xornada.





Uns días máis tarde conmemoramos o Día das Letras Galegas tod@s xuntos no patio da escola, os maiores leron moitas cousas da vida e obra de Carlos Casares, entregáronse os premios de relato curto e poesía e @s alumn@s de 5 anos limos un poema adicado á nosa lingua que escribiu para nós a profe Luz con moito cariño.

Aqui vos deixamos outro resumo en imaxes da xornada de conmemoración na escola.


Seguiremos actualizando. . .

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario