sábado, 18 de noviembre de 2017

Magosto 2017

Asi celebramos o Magosto na escola o noso primeiro ano no cole de maiores.

Primeiro preparamos unhas coroas para lucir ben guap@s o día da festa.




Nas clases cantamos a canción das castañas.



O día da festa comezamos a xornada visitando ao castañeiro para coñecer de primeira man en que consistía a súa labor.

Logo fomos ao patio, onde os nenos de 6º curso de Educación Primaria tiñan preparados para nós uns xogos tradicionais cos que o pasamos xenial.

Grazas maiores pola vosa paciencia con nós, por explicarnos tan ben os xogos e axudarnos a xogar! ! !


Despois de merendar e de xogar no patio de xeito libre, recibimos ás nosas familias que nos acompañaron a comer as tracidionais castañas do Magosto.

Grazas a todas as familias que puideron vir e que se animaron a acompañarnos ! ! !

Aqui vos deixamos unhas fotiños da festa.


Agardamos que vos gusten pois estamos probando distintas aplicacións para facer montaxes con fotos que poidan subirse ao blog, que sexan gratis e que non dean moito traballiño; asi que admitimos opinións e suxestións pero tende en conta que sexan sinxelas porque non son informática, só aficionada a "retellar" no ordenador.

Seguiremos actualizando.

Bicos.


2 comentarios:

  1. Están genial las fotos Bibi, gracias. Y que bien se lo pasan
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vos polo comentario! ! !
    A verdade é que, aínda que ao final estaban un pouco cansos xa e petaba moito o sol, si que o pasaron ben porque son moi festexeir@s. . .como as profes! ! !

    Bicos.

    Bibi

    ResponderEliminar