Esta semana no contexto de xogos estivemos traballando moito coa letra O.
Tiñamos que recoñecer e atopar a palabra correcta para pegar ao lado de cada debuxo. Había que fixarse moi ben en todas as letras, e como todas comezaban pola letra O había que poñer moita atención en cómo remataba cada palabra.
Tamén traballamos discriminación auditiva. Dicíamos en voz alta o nome dos debuxos prestando moita atención a si comezaba por O ou por outra letra , para colocar os debuxos no sitio correcto.
Preparamos os dorsais para a carreira solidaria do luns.
E tamén comezamos a preparar con moitísima ilusión portadas dalgúns dos nosos traballiños.
¡ Ides alucinar coa portada do noso Proxecto de Pingüíns! ! !
Fixémola en varias fases porque ten moooooito traballño detrás.
Esta semana, por fin, rematámola,
E tamén seguimos investigando Os Pingüíns e outros animais que habitan na Antártida, algúns deles en perigo de extinción. Falamos do que iso significaba e da necesidade de coidar o noso planeta e as especies que viven nel.
Para rematar fixemos un súper traballo en papel no que plasmamos parte do aprendido e tamén traballamos lectoescritura.
Paréceme interesante que vexades máis polo miúdo en qué consistiu a actividade individual en papel.
Nesta folla había que atopar no texto do enunciado tres palabras: focas, krill e albatros. Logo había que rodealas, para non perdelas. Con isto traballamos conciencia fonolóxica e auditiva. Prestaron moita atención a por qué letra comezaba cada unha, cal viña despóis, por cal remataba, etc.
Son ritmos moi diferentes de traballo, houbo quen precisou máis axuda, quen menos e quen ninguha. Cada quen vai ao seu ritmo, que ten que ser respectado.
Pero o mellor de todo foi o interese enorme que amosaron tod@s! ! !
Unha vez localizadas as palabras, tentaron escribir cada unha no lugar correspondente, mirando polo enunciado no que as tiñan rodeadas.
E tamén xogamos moitíiiiiiiisimo e pasámolo xenial no patio.
¡ Seguiremos actualizando ! ! !
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario