Esta semana fomos á Biblioteca do cole e dividímonos en equipos para aprender e divertirnos moito nos distintos recantos.
No Contexto de Arte fixemos un cadro moi fermoso con temática invernal dunha nena con paraugas.
No Contexto de Teatro pasámolo xenial inventando historias de inverno que representamos ante toda a clase.
Seguimos traballando coas nosas emocións e seguimos a facer o noso propio libro do Monstro de Cores.
Estamos a facer tamén un móbil da Paz no que estamos a traballar moito para que quede chulísimo.
Dentro do Programa Mus-e , o venres estivemos na actividade de Teatro, traballando co profe Ramiro a atención, a seguridade en nós mesmos, a autoestima, o respecto polos demáis, etc.
Seguimos investigando o noso corpo, e estivemos aprendendo cómo funciona o sentido do gusto.
Tamén estivemos aprendendo como os números están presentes en distintos contextos da nosa vida , e tamén no caso do noso corpo podemos empregar os números para pesarnos, medirnos, medir a nosa temperatura cando estamos enfermiñ@s e temos fiebre, etc.
Esta vez tocou pesarnos e falar de kg como unidade de medida de peso.
Aprendemos cómo é o noso corpo por dentro xogando.
Xogamos e pensamos coa letra M
Aprendemos a compartir, xenstionar as nosas emocións, agardar a nosa quenda, e xogar en equipo , a traves de moitos xogos compartidos.
Seguimos investigando tamén a vida e a obra de Yayoi Kusama.
Seguimos lendo, como a semana pasado, un pouquiño máis do conto autobiográfico sobre ela.
Fixemos unha tarefa na que buscamos os números da data do seu nacemento.
Descubrimos que actualmente Yayoi Kusama fixo unha colaboración coa marca Louis Vuitton para deseñar bolsos e mochilas e gustounos moito como decoraron a fachada da tenda de dita marca en Paris.
Tamén investigamos na páxina de Louis Vuitton, onde aprendimos máis cousiñas desta artista e encantáronos os vídeos cos seus deseños de bolsos cheos de puntos de cores e alegría.
Aqui vos deixamos o enlace para que poidades entrar na súa páxina , que tanto lles fascinou , e para que poidan voltar a vela na casa e vos conten o que máis lles gustou.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario