sábado, 3 de febrero de 2024

AFUNDACIÓN: CARUNCHO

 Onte visitamos en Afundación  unha exposición coa obra do artista  Luis Caruncho e aprendimos moitas cousas sobre él. 

Era da Coruña, por iso pintou a Torre de Hércules.


Gustábanlle moito as motos e participaba en carreiras.


Gustábanlle moito as matemáticas e  a xeometría , por iso nas súas obras empregaba moitas figuras xeométricas.


Visitamos a exposición prestando moitísima atención a todo o que nos contaban.


Aprendimos tamén que caruncho era arquitecto e por iso trnasformaba figuras xeométricas planas 
en figuras con espazo dentro no que poder entrar persoas , e así construía casas.
Nós fixemos o mesmo no Taller, por iso transformamos figuras xeométricas planas nunha figura con espazo dentro . Ista transformación levámola a cabo tirando dun fío como si de maxia se tratase.




A nosa figura feita no taller levámola como recordatorio do aprendido para casa, xunto cunha figura para poder montar  en familia e unha pegatina de recordo do Museo.


Seguiremos actualizando. . .

No hay comentarios:

Publicar un comentario