lunes, 25 de marzo de 2024

EXPOSICIÓN DE INVENTOS NO COLEXIO

 Como xa sabedes, este curso o PdI da nosa Biblioteca está adicado aos Inventos. Por iso, co motivo de poder organizar unha exposición no colexio, pedimos colaboración das familias para que os/as peques trouxeran inventos da casas para expoñer.

Estes son algúns dos inventos que trouxemos e explicamos aos nosos compis na clase antes de colocalos na exposición.

Iria trouxo un teléfono Móbil dos antigos, dos primeiros que houbo. Tentamos chamar a Burguiña oara contarllo pero o teléfono non funcionaba xa . Por iso, Iria contounos que agora o usa de xoguete.

Carmela trouxo unha huevera na que se mantiñan os ovos fresquiños antes da existencia nas neveiras actuais. E para que lucise estupenda na exposición  colocámoslle uns ovos de xoguete.

Ayane trouxo un fonendoscopio e un esfingomanómetro.  Para explicar o seu funcionamento contamos  o conto "Josefina se resfría".


 Ayane empregou o fonendoscopio para ver como respiraba a nosa Josefina da clase .

E logo miroulle a tensión ao encargado .


Iván trouxo un molinillo de café .



Tamén trouxo grans de café, que primeiro exploramos, ulimos e tocamos , antes de metelos a moer.


Aqui tendes ao noso experto moendo os grans de café.


E abrindo o caixonciño... xa temos café moído listo ! ! !

Comparamos os grans co café moído. Encantounos ver o resultado!!!


Logo subimos a visitar a exposición e  colocar os nosos inventos .



Seguiremos actualizando. . .

No hay comentarios:

Publicar un comentario