Hoxe toca amosarvos unha escolma das actividades matemáticas que estamos a facer na clase.
Xogamos a asociar número con cantidade e tamén a facer equivalencias (poñendo a mesma cantidade no caixón inferior que a que nos indica na plantilla superior )
Traballamos o trazo e a direccionalidade dos números xogando a darlle de comer aos animaliños.
Agrupamos de 3 en 3 obxectos.
Facemos series.
Comezamos a aprender descomposición numérica xogando coa axuda da profe Susana e das casiñas dos números.
Seguiremos actualizando. . .
No hay comentarios:
Publicar un comentario