Pero qué grandes somos xa. . .
Martín estivo de cumple o mércores.
Esta semana estámonos poñendo as botas. . .
Convidounos a unha tarta de biscoito cun debuxo de cars tan bonito que daba pena cortala. . . pero dimos boa conta dela. . .
Os seu pai e a súa nai viñeron á hora da merenda a traernos a tarta e a ensinarnos ao seu irmán pequeniño.
Non sabería dicirvos si lles gustou máis a tarta ou o bebé. . .
Querían preguntar bastantes cousas, pero ao final só preguntaron qué comía e si tiña dentes. . .
Graciñas familia ! ! !
bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario