Por fin respiro tranquila. . .
Non sei por qué extraño motivo tecnolóxico e rabudo, que descoñezo, a miña cámara toleou e a tarxeta xa non digamos. . . e non podía descargar as fotos de TOOOOODA esta semana, porque nin aparecían, nin existían. . . e eu que son máis ben branquiña, comecei a palidecer máis por momentos, só de pensar en que perdiamos as fotos do traballo de toooooda esta semana. . . Ca cantidade de cousas interesantíiiisimas que tiñamos para ensinarvos.
Por sorte, podo contar con quén sabe máis que eu, e conseguiron rescatarnos as fotos todiñas.
Agora só teño que ordenalas e montalas, e nos próximos días veredes cómo os compañeir@s de 2º non só veñen a contarnos contos, senón que tamén veñen a medirnos, para ver cómo son os nosos corpos; veredes o teatro-musical ao que fomos o mércores, cómo fixemos as portadas dos traballos e. . . moitas cousas máis,que iremos desvelando pouco a pouco. . .
Biquiños e Felices Vacacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario