sábado, 8 de junio de 2013

SEMENTAR SEMENTAREI. . .

Ainda que non se sabe moi ben si estamos na primavera, no outono ou nun tempo indefinido. . . nós decidímonos a sementar.
Iso si, en vasiños de prástico transparentes (para poder ver cómo medran as raíces) e dentro da clase.

Aqui nos tendes en faena, plantando lentellas, fabas e garabanzos. . . axudados pola profe Luz á que nomeamos "encargada da regadeira", porque algúns non che temos moito sentidiño para regar soliños. . . a verdade é esa. . . 

SEMENTAR SEMENTAREI. . . on PhotoPeach

 A anécdota da sesión, ejem. . . houbo alguén que despóis de ter a semente envolta co algodón e de que Luz lle botase auga no vaso ca regadeira, estaba dispost@ a bebela . . . e houbo que explicarlle de novo que a auga era para beber a planta, e que nós non lle podemos beber a auga á planta. . . Non vou dicir quén foi, cada quén que pense o que ten na casa. . . pero vai ser certo que hai quen bebe ata a auga dos floreros. . .  ja ja ja . . .

Bicos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario