viernes, 14 de junio de 2013

TRABALLIÑOS DE PRIMAVERA E. . . O SEGREDO MELLOR GARDADO ! ! !

Hoxe ímosvos amosar algúns traballiños de primavera que fumos facendo e. . . imos desvelar o noso segredo mellor gardado. . . ejem. . . as obras de arte que van ser portada e contraportada dos nosos traballiños.

Comezamos polo Arco da Vella ( unha idea da miña compañeira Pilar) , que pintamos seguindo as cores que ten na realidade e que polo outro lado leva unha adiviña. Aqui nos tendes en faena, axudad@s pola profe Eva. Graciñas compi pola túa axuda ao longo deste curso cos meus pequerrech@s !!!





Ca profe Elena, estamos a traballar o conto de: "A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza", partindo dun libriño de actividades sobre o conto que elaborou a profe Iria (3 anos C).


Tamén fixemos uns debuxiños cunha rima do mes de xuño (unha idea da profe Pilar) e o ceo pintámolo con pincel como maiores. . . 





E agora. . . a exclusiva ! ! ! A mamá que da unha aperta ao seu paxariño pequeno e que vai ser a nosa portada (atopeina na páxina http://krokotak.com/  e foi amor a primeira vista ! ! !), e a bolboreta que nos pasou a profe Pilar e que poñeremos de contraportada.



E por último, o vídeo facendo as portadas, veredes que foi moito traballiño e moita paciencia, pois adicámoslle varios días. . . 

PORTADAS 3º TRIMESTRE on PhotoPeach

LEMBRADE QUE O LUNS ÁS 17:15 TEMOS REUNIÓN NA CLASE, POR FAVOR VINDE SEN NEN@S PARA PODER FALAR CON TRANQUILIDADE.
NON FALTEDES !!!

BICOS.


1 comentario: