sábado, 8 de marzo de 2014

COUSIÑAS DO MAR. . .

Esta semana foi moi curtiña, así que ímos aproveitar a ocasión para ensinarvos cousiñas do mar que aínda non víchedes, cousiñas que fixemos ao longo deste trimestre que está a piques de rematar, igual que a nosa aventura mariña.
Buscamos nunha caixiña de números o ano de nacemento de Peteiro.


Xuntámonos cos nen@s de Pilar para ver a peli "Movida bajo el mar".


Aprendimos que Peteiro naceu na Coruña, que nela está a Torre de Hercules, coñecemos a lenda do xigante Hércules e xa sabemos que a torre é un faro e para qué serven os faros.



Limos na pizarra dixital o conto "Unha casa para un cangrexo ermitaño", repasamos os nomes dos meses do ano, falamos dos cangrexos e aprendimos cousas sobre eles.


Aqui vos deixamos o conto que empregamos na clase, montado por outra mestra que se chama María Pousa.


Anxo trouxo un submariño que fixo o seu tío. Según nos explicou él: "o meu tío é un artista como Peteiro e como Warhol".
 E nós creémolo ben, non hai mais que ver que chulada de submariño ! ! !


Isto motivounos a querer saber mais ! ! !
Asi foi como investigamos o funcionamento dos submariños, por que flotan ou "bucean",  como din eles, polo fondo do mar. . . 


E tamén buscamos quen inventou semellante máquina complicadísisma para os nosos cerebros! ! !
Despóis plasmamos os nosos coñecementos nun pequeno traballiño.


E. . . o mellor de todo. . . coma sempre para o final ! ! !
Estamos pintando, a medias cos nen@s da clase de Pilar, un cadro de Peteiro ! ! !






Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario