sábado, 15 de marzo de 2014

CANTAMOS SEGUINDO A "PARTITURA".

Onte fixemos un pequeno experimento.
Estivemos aprendendo e cantando unha canción, seguindo cada un a nosa "partitura".
Aínda que realmente, non se trataba dunha partitura, tod@s se sentían músic@s profesionais, e tomaban a actividade mooooooi en serio.
Puxemos na pizarra dixital o vídeo da cancíón e tiñamos que cantar seguindo a letra acompañada de pictogramas. Tal que asi: 


Trátase dunha canción do grupo "Siempre así", que se chama: "El hombre del tiempo".

Esta actividade tan divertida, serviunos ademáis para practicar a direccionalidade que seguimos cando lemos ou escribimos: de enriba cara abaixo e de esquerda a dereita. Era asi, como tiñamos que seguir a nosa "partitura" para non perdernos e cantar ben.

Aprendimos qué é un estribillo, e como tiñamos que repetilo dende onde estaban as gotiñas de choiva, dicindo : "Y lloverá. . . " 

Acordamos ensaiar ata que nos pareceu que o facíamos ben, e daquela chamamos á profe Sandra  (como avaliadora externa e obxectiva ) para que decidíse si o facíamos tan requeteben como para levar a partitura e cantarvos na casa.
Fixémolo tan estupendamente. . . pero tanto. . . que a profe Sandra desmaiouse da emoción. . . e a nós iso fíxonos moita gracia, por suposto. . . ja ja ja. . . 

Mirade que atent@s. . . porque tamén estamos traballando a atención ! ! !


Que profesionalidade. . . 


Xa casi estamos preparad@s para sacar un disco. . . 


Algúns levamos o ritmo co pé e todo ! ! !


Este é o vídeo que puxemos na pizarra dixital para cantar, así que a seguir practicando ! ! !




 Despóis da nosa actuación estelar, preparamos a "partitura" para levala para casa ben bonita, así que pintámola e decorámola. Algúns aínda non a remataron, esperemos que o luns a collan con ganas e a rematen para levala para casa.

Que teñades unha boa semana.

Bicos.

4 comentarios:

  1. Como siempre, una idea genial. Me apunto para hacerla algún día. Muchos besitos a todos.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas polo comentario compi ! ! !
    Temos que quedar ! ! !

    Bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar
  3. Eu tiven un concertazo. Dous músicos mellor que un. Anxo e Hugo botaron toda a tarde cantando a canción e ao final Brais tamén se unía.

    ResponderEliminar
  4. Mira ti que ben! ! !
    Xa podedes montar un grupo musical! ! !
    Ide pensando nun nome con gancho. . .

    Bicos.

    Bibi

    ResponderEliminar