Seguimos lendo os contos da "Mariquita Juanita" e poñendo os nosos cerebriños a pensar.
Esta vez tocou ler a historia de: "Los peces rojos del lago".
O que imos contar agora son distintas sesións de xogar a pensar que fomos facendo nos últimos días, algunhas son da semana pasada e outras anteriores, pero fun xuntando para que vos teñan sentido e entendades as nosas inquedanzas e conversas e o traballo que se está a facer.
Tras ler o conto conversamos sobre como Juanita sinte curiosidade porque non coñece aos peixes, pero tamén sinte medo cando estes achéganse a ela. Falamos de cómo nos sentimos nós cando alguén descoñecido se achega a nós e do que convén que fagamos nestes casos.
Conversamos das semellanzas e diferenzas entre Juanita e os peixes do lago: cores , formas, hábitat no que viven, etc. Tamén das semellanzas e diferenzas entre nós.
Debuxamos aos peixes do lago.
A semellanza máis grande que atopamos entre Juanita e os peixes son as súas cores: vermella e negra.
Buscamos a cor negra na arte e para iso observamos e falamos dobre dous cadros:
- O cadro de Lucas Cranach: Retrato de nena.
Observan detidamente e comezan a falar: vai vestida de negro, leva capa como Caperucita pero negra, ten a cara rara, leva no pelo unha cinta negra, ten os brazos cruzados, a roupa é fea, non viste coma nós, non nos gusta, etc.
- O cadro de Paul Klee: Príncipe Negro.
Jacobo ofrécese a ler o nome do cadro para tod@s. Observan detidamente e a conversa xurde rápidamente, gústalles máis ( é curioso ver como teñen o gusto tan claro e definido sendo tan pequenos) e teñen moitas ideas.
Xurden ideas como: é unha persoa morenita, ten que vivir noutro país, ten unha diadema, non pode ser diadema porque é un príncipe, é unha coroa, ten un colar moi grande e brillante, na man leva unha cuncha da praia, non é unha cuncha da praia que é un trozo de pan, non é nada diso porque na man leva unha froita, vese o sol redondo, non é o sol que é a lúa porque está escuro e é de noite, tampouco é a lúa o que pasa é que vese un planeta, é Marte porque é vermello, non é Marte porque ten que ser Saturno, Saturno non pode ser porque non ten aneis, daquela é o planeta Terra.
Chegados a este punto interveño: Si o que se ve ao lonxe é o planeta Terra... ¿daquela en qué planeta está o principe? A resposta por maioría foi que era un marciano e vivía noutro paneta, pero non decidiron cal.
Que conversas tan marabillosas ! ! !
Deixamos o tema das cores e as obras de arte de momento, propóñolles coñecer outras xoaniñas e comparar o seu comportamento co de Juanita. Este foi o vídeo que vimos, unha das curtametraxes da serie minúsculo:
Definitivamente, tod@s coinciden en que estas xoaniñas non teñen moi boa educación e non se comportan nada ben, pensan cómo se sinten eles/elas cando os demais se portan mal con eles e tentan poñerse no lugar dos compañeir@s.
Logo disto tentamos facer a nosa propia obra de arte, facemos con rotuladores unhas xoaniñas diferentes á do conto e ás do vídeo.
Retomamos o tema das cores de Juanita e dos peixes do lago, todos están dacordo en que a cor que máis aparece é a vermella. Buscamos a cor vermella en obras de arte e conversamos sobre os seguintes cadros:
- O cadro de Matisse: Mesa servida.
Saen as ideas: Casi todo é vermello, o mantel é igual que a parede, a mesa ten comida, a mesa está preparada para comer, non é a hora de comer porque a señora vai merendar, é certo porque no plato ten froita, non é froita que son patacas e tomates e sí que vai comer, a señora non vai vestida de vermello, na parede hai un cadro tamén, non é un cadro porque é unha fiestra aberta, pola fiestra vese o parque que hai fóra, o parque non ten columpios pero ten árbores, etc.
-O cadro de Matisse: A música.
Xurden as ideas observando o cadro: As persoas non teñen roupa, están coloreadas de vermello, non é vermello porque é como un laranxa, o fondo é azul clarito e oscuro, o fondo é azul e verde e as persoas vemellas, están tocando instrumentos, están tocando un violín e unha frauta, en realidade son un violín e unha trompeta, hai dous músicos e os outros escoitan sentados como fixemos nós no concerto do outro día, si pero neste concerto hai menos xente, están vermellos porque tomaron moito o sol, non é porque o pintor os quixo colorear así, etc.
Noutra sesión lembramos o conto dos peixes do lago e como Juanita marchou voando asustada ata un xirasol, falamos dos xirasois, das súas características e onde se atopan e buscamos xirasois no arte.
- Un día falamos do cadro de Diego Rivera: Nena con xirasois.
Observando o cadro xurdiron ideas como: a cor que máis aparece é a amarela, a nena é moreniña e ten trenzas, está plantando xirasois, non os está plantando realmente os está colocando nun xarrón, para plantar necesita sementes, para plantar necesita terra, o fondo é azul, a nena está preparando un ramo nunha maceta, a nena non está plantando xirasois, colleu xirasois no campo e os quere poñer de adorno, sacou os xirasois do xarrón e agora os está colocando ben para que queden bonitos, etc.
- Tamén vimos a obra de Paul Gauguín: Xirasois sobre unha silla.
Con esta obra non tiñan tan claro qué era o que pintou o artista e dicían cousas como: son xirasois, son margaridas, son xirasois nun xarrón encima dunha silla, non é unha silla eu creo que é un sillón, é un sofá, as flores están nunha bolsa como as da basura, necesitan terra para medrar, na silla hai unha manta branca, non é unha manta porque é unha sábana, na parede hai un cadro dunha señora, agora sí que é un cadro e non unha fiestra como o outro día, as flores están nun xarrón desos grandes e así ( cos brazos separados indicando ancho) como os que hai nas tendas, etc.
- Na seguinte sesión buscamos o cadro de Vincent Van Gogh: Xarrón con doce xirasois.
Nesta ocasión para estar máis cómod@s cambiamos a asamblea de sitio e colocámonos diante da pizarra dixital para ver e conversar mellor, así xurdiu a gran pregunta: Profe, si estamos mejor así y es más divertido. . . ¿por qué no lo hacemos así siempre? . Asi que. . . estamos valorando cambiar a asamblea de ubicación . . . ejem. . .
Mateo escribe para tod@s no buscador de Google para atopar o cadro.
É difícil resumir todas as nosas inquedanzas nunhas poucas fotos e ás veces non teño fotos das asambleas porque eu tamén estou nelas , conversando, tirándolles da lingua, tentando facelos pensar . . . e non é fácil estar a todo.
As fotos desta asamblea especial son "cortesía" do profe Óscar que fai de "paparazzi" cando nós estamos enfrascados nas nosas conversas. Grazas! ! !
As ideas xurden partindo da observación do cadro: Son xirasois, non son todos amarelos, algún polo medio é vermello, están nun xarrón, o xarrón está nunha mesa, ten algo escrito o xarrón ( dígolles que é o nome do pintor), pois que sitio máis raro para poñer o nome, algunhas flores vense verdes, o fondo é azúl, hai doce xirasois, os xirasois teñen pipas que comemos, etc.
Recreamos o cadro como verdadeir@s artistas.
Explicar todo o que sucede na nosa aula día tras día ás veces non é doado, pero agardamos que esto sirva para que coñezades un pouco mellor o que facemos, xa que moitos comentades nas titorías que os pequen@s non contan moito. . . ou nada. . .
Agora un vídeo, tomade asento e collede palomitas ! ! !
Pensando con Juanita on PhotoPeach
Nos próximos días tentarei publicar as fotos da celebración do Día de Rosalía o pasado 24 de febreiro.
Bicos e boa semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario