Ás veces teño moitas fotos e moito que contarvos e pouco tempo para facelo.
Ainda que cun pouco de retraso, pois isto sucedeu antes do Entroido, penso que merece a pena falarvos desta actividade.
Despois de ler o conto "La mariquita Juanita" e ver como ela se vía reflexada na auga do lago e descubría a súa propia imaxe, conversamos sobre outras formas de vernos refllexados. Saíron moitas ideas: espellos a primeira obviamente; e logo pensaron en cristais de fiestras, obxectos metálicos e brillantes, manillas brillantes das portas, cristais limpos das portas, papeis e cartóns brillantes e en xeral . . . toda canta cousa brillante se lles pasou pola cabeza.
Logo vimos na pizarra dixital dous cadros onde un personaxe observaba o seu propio reflexo na auga.
Puxemos o cadro de Caravaggio: Narciso.
E o cadro de Jan Cossiers: Narciso.
Pregunteilles qué vían nos cadros e deseguida puxeron os seus cerebriños a funcionar e dixeron que eran persoas reflexadas na auga. No primeiro cadro dicían que era un chico reflexado nun charco como os que se forman na pista de fútbol dos maiores. No segundo cadro un chico sen roupa, só tapado cunha sábana (detalle que lles chamou moito a atención) que se miraba reflexado nun lago.
Aprendimos que os dous cadros representaban á mesma persoa pero estaban feitos por artistas diferentes, por iso pintaban ao chico, como dicían eles, diferente.
Os dous cadros representan a Narciso, que según conta a mitoloxía grega era un mozo tan guapo pero tan pagado de si mesmo que a Deusa Némesis castigouno a namorarse da súa propia imaxe e por iso botaba o día mirando o seu reflexo. Isto último pareceulles aburridísimo. . . ja ja ja.
Xa por último, fixemos un espello e pegamos a nosa imaxe nel, como si do noso reflexo se tratase.
Así de chulos quedaron os nosos espellos! ! !
E por esta semana, como foi curta, isto é todo.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario