O venres día 20 visitamos a Panadería de Carnoedo que se atopa en Fonteculler.
De maneira totalmente desinteresada e gratuíta abríronos as portas do seu obrador para ensinarnos a facer pan con toda a paciencia e o cariño do mundo.
Grazas María e Irene!!! Sodes as mellores! ! !
Previamente, na clase preparamos a visita cun material que nos mandaron.
Falamos do que significa o pan para nós, dos tipos de pan que coñcecemos, contrastamos as nosas ideas previas dos ingredientes do pan cos ingredientes que leva realmente a receita e vimos un vídeo da elaboración do mesmo.
Todas estas actividades previas remataron coa realización dun mural co que as agasallamos o día da visita.
Cando chegamos á Panadería de Carnoedo puxéronos uns gorriños de panadeiros/as profesionais e ensináronos a "masa madre" coa que fixemos uns boliños con distintas formas inventadas por nós.
Alí había de todo: corazóns, flores, caras, serpes, gatos , xoaniñas. . .
Para que a masa medrase máis deprisa metémola nunha máquina mentres nós preparábamos masa de pan coas nosas propias mans.
Levábamos os ingredientes ben aprendidos das nosas investigacións previas.
Mesturamos coas nosas mans ata conseguir unha masa que puidésemos despegar do bol e amasar dando forma redondiña sobre a mesa.
Mentres que estes boliños quedan na máquina que os fai medrar, Ímos con María para ver como mete os boliños de formas no forno.
Xa por útlimo aprendimos a facer a masa para unha torta doce. Esta vez os ingredientes eran diferentes, pois levaba ovos e azucre.
Como necesitábamos masa para todos e era moita cantidade, María ensinounos como funcionaba a máquina amasadora. Tiña uns brazos moooooooi grandes ! ! !
Fixemos unha fila para vela traballar.
Cando a masa estivo preparada, María e Irene repartiron un cachiño de masa a cada un/unha e ensináronos como tiñamos que traballala co rodillo para dar forma á torta doce.
Despois de todo o que traballamos, ao final tod@s levamos para casa dous anaquiños de pan feitos coa receita tradicional (un con forma inventada por nós e outro redondiño) e unha torta doce.
Grazas a María e Irene polo seu tempo, cariño e esforzo para ensinarnos! ! !
Grazas á profe Luz por acompañarnos e axudarnos! ! !
Aqui vos deixamos un vídeo resumo en imaxes da visita.
Visita á panadería de Carnoedo en Fonteculler. on PhotoPeach
Bicos e boa semana.
Bicos e boa semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario