domingo, 1 de mayo de 2016

HISTORIA DUN PINCEL QUE QUERÍA PINTAR.

A pasada semana acudimos a Afundación para coñecer a "Historia dun pincel que quería pintar".
Con pincel percorrimos a exposición "Tradición, cambio e innovación" e vimos algunhas das obras dos artistas máis importantes do século XX.

Entramos por unha porta segreda dereitiños ao taller.
Alí fixemos uns cadros con gomets de figuras xeométricas que logo completamos con pinturas.


Despois ao son da música, tal e como facía Kandinsky, pegamos as nosas obras de arte nun pentagrama para facer unha composición en grupo.


Por último, para rematar a composición grupal, decoramos coas pinturas o espazo ao redor dos cadros individuais.


Coas nosas obras de arte rematadas dispuxémonos a coñecer as obras dos artistas que había na exposición.
Para iso, primeiro coñecemos a Pincel e ao seu amigo Rodillo.


Dentro da sala de exposicións, da man de pincel, coñecimos unha escultura  e tres cadros.


Aqui vos deixamos un vídeo-resumo en imaxes da visita.

Historia dun pincel que quería pintar. on PhotoPeach

Moitísimas grazas ás monitoras de Afundación!!!
A visita foi un éxito e gustounos moitísimo grazas a elas! ! !

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario