Esta semana pasámolo xenial xogando ao Bingo de Letras.
Aqui nos tendes en acción xogando.
Fixemos a lista da compra, fomos mercar e atendimos a tenda.
No Contexto de Teatro inventamos e representamos pequenas historias e xogamos e aprendemos coa letra P.
Seguimos vendo cortos para pensar na asamblea e aprender. Esta vez, vimos o corto "For the birds" . Este corto de Pixar aborda o tema do respecto ás diferenzas e convídanos a reflexionar sobre a importancia de respectar a tod@s por igual e ser máis empátic@s e tolerantes cos que nos rodean.É unha verdadeira chamada de atención sobre a discriminación, a exclusión e os estereotipos.
No Contexto de Arte fixemos uns coellos de Pascua con pinturas e pincel .
Tamén fixemos uns pitiños e uns coellos bailaríns.
No Proxecto do corpo estivemos investigando a nosa boca e cómo debemos coidala.
E compartimos unha morea de momentos de xogo.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario