No Contexto de Teatro seguimos traballando cos contos .
Vimos o corto animado : Piper.
O protagonista deste fermoso corto de Pixar é un paxaro con medo a abandoar o seu niño para aventurarse a cazar ameixas na praia. É unha historia que nos fala sobre medos e sobre cómo vencelos, que nos axudou a reflexionar na asamblea sobre a importancia de superar os nosos temores e vencer as adversidades.
Aqui vos deixamos a historia para poder vela de novo si lles apetece.
Para conmemorar o Día da Muller, o pasado 8 de marzo fixemos uns debuxos marabillosos das mulleres máis importantes das nosas vidas.
Elaboramos uns esquiadores en trineo chulísimos.
No Contexto de Xogos-Proxecto investigamos o cerebro, vimos un vídeo moi interesante e fixemos un súpertraballo con parte do aprendido.
Aqui vos deixamos o vídeo para repasar o aprendido.
No Contexto casa-pobo aprendemos moito con xogos de matemáticas manipulativas.
Plantamos amorodos no invernadoiro.
Traballamos a Semana da prensa na Escola buscando anuncios de Yayoi Kusama en revistas.
Deixamos voar a imaxinación , e a partires dun círculo de Yayoi Kusama inventamos un cadro novo.
O venres rematamos a semana por todo o grande, en Mus-e, facendo Teatro co profe Ramiro.
Primeiro tocou facer como se fósemos velliños e velliñas.
Despois fomos capaces de facer algo moito máis difícil: ser coches de carreiras ata chegar á silla onde se sentaba Ramiro e a partir da silla converternos en velliñas e velliños.
Fixemos un traballo estupendo!!!
Somos súper actrices a actores! ! !
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario