sábado, 15 de febrero de 2014

O DÍA DOS NAMORAD@S . . .

Este ano, celebramos á nosa maneira o DIA DOS NAMORAD@S.
Paula, que é como a nosa Raíña de Corazóns, trouxo para tod@s unhas flores de chupa-chups.


Ainda que non estemos namorad@s. . . tamén podemos querer aos amig@s, ás profes, a papá e mamá, aos irmáns, etc, e. . . a quen non lle gusta un detalle ? ? ?


Graciñas a Paula e á súa familia polo moito que traballaron e por ser tan detallistas ! ! !

Na escola, contamos o conto: " O príncipe rá ", versionado así . . .á nosa maneira . . . porque o orixinal . . . non se adapta moito aos nosos tempos, e nós somos moooooi modernos ! ! !


Está moi ben iso de bicar unha rá e que se convirta en príncipe. . . pero tamén está ben que ao bicala se convirta en princesa. . . 
Por iso, a profe Pilar púxose máns á obra para "tunear" unha manualidade que atopamos na páxina http://krokotak.com/.


A idea orixinal tiña unha princesa e unha rá. Cando xirabas un cordel, aparecía a princesa bicando á rá.


Nós fixémolo máis sinxelo, cun pau de brocheta. Ao facer xirar o pau frotando as máns, máxicamente a princesa bica á rá, ou o príncipe bica á rá, ao gusto do consumidor. . . 


Así quedaron as nosas brochetas románticas ! ! ! 


E aqui os patróns que empregamos por si a alguén lle son de utilidade. 
O que ten a princesa é o orixinal, o que ten o príncipe é o que adaptamos nós. 
Tende en conta que, para que quede ben e se biquen, hai que recortar pola liña de puntos e darlle a volta á cabeza da princesa / príncipe para que quede no mismo sentido que a rá.


Moitos bicos e boa semana ! ! !



No hay comentarios:

Publicar un comentario