Como xa sabedes, porque moitos estiveron falando do tema na casa, esta semana estivemos coñecendo a distintas persoas que traballaron para acadar vivir nun mundo en paz: Nelson Mandela, Teresa de Calcuta e Mahatma Gandhi.
Falamos un pouquiño do labor que desempeñaron, de maneira o máis adaptada posible á idade dos nen@s, e tamén da necesidade de traballar pola paz non só no día que se conmemora, nin ao longo desa semana, senón todo o ano. Por iso, é importante que pensasen qué cousas están na súa man e qué poden facer eles non seu día a día para acadar a paz, polo menos no cole. . . algúns ca ilusión de recibir un Premio Nóbel tamén. . .
Seguimos cos ensaios da canción e o baile todos os días á volta do recreo.
Aplazamos a festa ao venres pola choiva. . . que non para. . . e pasámolo moi ben bailando e cantando.
Pero antes de poñervos o vídeo resumo, gustaríame ensinarvos as miñas imaxes preferidas da paz. Explícovos o motivo. Despóis de tentar sempre que teñan empatía, que saiban poñerse no lugar do outro, axudarse uns aos outros, etc. e depóis de dicir que nós podemos traballar pola paz todos os días na escola e na casa e pensar moito sobre as cousas que podemos facer: compartir, falar, bicar, axudar, abrazar, obedecer, etc.
Isto sucedeu de maneira espontánea, sen que ninguén pedise axuda, nin eu pedise que axudasen aos que non remataran aínda.
Casi tod@s estaban xogando nos rincóns, pero Isma decatouse que que o seu amigo Ian non rematara aínda. Plantouse ao seu lado e preguntoulle: ¿Quieres que te ayude?
E así foi. . .
Para min, isto é PAZ.
TRABALLANDO POLA PAZ 2014 on PhotoPeach
Por certo, non sei que fixen diferente para que hoxe si se vexa ! ! ! O meu cos vídeos é moito ! ! !
Bicos e boa semana.
Bicos e boa semana.
MOI BONITO BIBI COMO SEMPRE E AGRADECIDO DE QUE SE LLE INCULQUE VALORES TAN IMPORTANTES AOS NOSOS FILL@S
ResponderEliminarUNHA PRETA
Graciñas polos vosos comentarios no vídeo e na entrada.
ResponderEliminarBicos.
Bibi.