viernes, 23 de mayo de 2014

CONCERTO DE XABIER DÍAZ.

O martes rebimos na escola unha visita moi especial, Xabier Díaz do grupo Berrogüeto cantou e tocou para nós.


Aprendimos a tocar unha pandeireta máis grande e outra máis pequena, o pandeiro e o acordeón.
E tamén uha canción dunha formiga que cantamos logo no patio, na actuación que fixo para toda a escola.

Así dicía a canción:

Se ti viras o que eu vin
habíaste estremecer.
Unha formiga con rabo
que me quería comer.
Ai mandilín, ai mandilón,
vente conmigo a bailar ao salón.
Ao salón si, 
ao salón non,
ai mandilín, mandilín, mandilón. . . 

Mirade qué ben o pasamos! ! !

Visita de Xabier Díaz on PhotoPeach
Despóis actuou para todo o cole no patio e tod@s comprobaron o ben que cantamos en Infantil! ! !


Graciñas a Xabier Díaz por visitarnos desinteresadamente e á profe Aurora por conseguir que viñese! ! !
Bicos.

1 comentario:

  1. Graciñas polo comentario!!!
    A verdade é que os nenos desfrutaron moito e. . . as profes tamén, porque a visita de Xabier Díaz foi amena e divertida! ! !

    Bicos.

    Bibi

    ResponderEliminar