sábado, 17 de mayo de 2014

TENTAMOS ESCRIBIR SOLIÑ@S! ! !

 Nestes últimos días, tendo en conta a ansia que nos levan as letras , ler e escribir; a profe propúxonos escribir as 3 partes nas que se divide o corpo dos insectos.


Das nosa cabeciñas saía fume ! ! ! ja ja ja. . . Pero non o fixemos nada mal, cada un ao seu ritmo e según as súas posibilidades; porque coma sempre, non hai presa. . . só son pequenos experimentos! ! ! 


O que si me parece interesante é que lles digades que tenten razonar eles e non copiar polo veciño do lado, como lles digo eu . . . ejem. . . xa tan pequeniñ@s e copiando !!! ja,ja, ja. . . 
 Agora en serio, este tipo de experimentos, axúdanme a saber cómo razonan e e qué etapa do proceso de adquisición da lectoescritura se atopan, para poder axudalos mellor. Por iso, non ten ningún valor, nin me resulta de axuda o copiado do veciñ@; salvo para saber que teñen moita pillería (cousa que a estas alturas da peli xa sabía, por certo).

Aqui os tendes en acción: coloreando a formiga, recortando as tres partes, pegándoas ordenadas para facer o puzzle e tamén escribindo o nome de cada unha das 3 partes do corpo. 

Por certo, aproveito para contarvos que últimamente facemos moitas actividades que implican recortar, e posto que nos ímos facendo maiores tamén podemos recortar na casa para coller máis práctica e mellorar así a motricidade fina.

AS PARTES DO CORPO DO INSECTO on PhotoPeach

Un último consello: Non teñades presa porque lean ou escriban, cada un ten o seu ritmo de maduración e vaino facer ao seu tempo. O importante é que atendan e que escoiten,  isto último é moooooi importante.

Bicos.

1 comentario:

  1. Graciñas polo comentario! ! !
    A verdade é que si que a pouquiños van aprendendo moito e, en xeral, póñenlle moito interese, e iso é o mellor.
    Xa case estamos rematando o curso e son tan maiores xaaaaaaa!!!

    Bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar