Ola a tod@s!!! Xa estamos aqui outra vez con novas aventuras!!!
O noso reencontro despois das vacacións de Nadal foi moi intenso e emocionante, temos moitas novidades que contarvos pero. . . tamén extrañamos moito a Adriana.
O primeiro foi que atopamos no colexio agasallos que os Reis Magos deixaron para compartir e divertirnos xunt@s.
Xurxo tróuxonos un mapa moi especial, ainda que somos a clase dos piratas non era un mapa dun tesouro, era un mapa que indicaba onde vive Papá Noel ! ! ! Aproveitamos para falar da utilidade dos mapas e explicar para qué serven.
Brais contounos que estivo nun sitio onde facía moito frío e había moita neve, dixo que foi en avión e lembrouse de nós asi que. . . tróuxonos chocolates riquísimos de Suiza ! ! !
Fixemos cambios nos equipos de xogo nos rincóns, por iso agora tócanos xogar con amig@s novos, o cal nos axuda a relacionarnos.
E ademais dos rincóns que xa tiñamos agora temos un lugar especial cheo de maxia no que tamén xogamos: O País de Nunca Xamais ! ! !
Aqui vos deixamos un vídeo resumo do noso reencontro.
Reencontro despois do Nadal. on PhotoPeach
Bicos.
Graciñas polos comentarios familias ! ! !
ResponderEliminarMoitos bicos.
Bicos.
Bibi