domingo, 24 de enero de 2016

XOGANDO A PENSAR. . .

 Continuamos traballando emocións, valores e aprendendo a entender o mundo e relacionarnos a través dos contos.

Neste trimestre comezamos coñecendo á "Mariquita Juanita".


Con ela e os personaxes que aparecen nos seus contos, así como cos contos que lle pedimos aos Reis Magos e que moitos xa trouxeron ao cole, traballaremos nesta liña.

Para xogar a pensar só hai 3  normas, pero é importantísimo cumplilas:

1º- Escoitar.
2º- Pensar.
3º - Levantar a man para falar.




Tod@s temos cousas importantes que dicir, tod@s aportamos, trátase de sumar entre todos e chegar a razoar e sacar conclusións, sen que os adultos lles deamos todo xa razoado dicíndolles aquelo que está ben ou mal.

Co primeiro conto da "Mariquita Juanita" pensamos e falamos dun lote de cousas: describimos a Juanita, describímonos a nós mesmos, falamos de semellanzas e diferenzas, pensamos noutros animais ou cousas de cor vermello como Juanita, tamén en animais ou cousas negras, animais con alas, animais que poden voar, animais pequenos como Juanita, animais con manchas como Juanita, etc.
Razoamos e falamos de cómo Juanita se vía reflexada na auga do lago e puxemos exemplos doutros lugares onde podemos ver a nosa imaxe reflexada: Espellos. cristais, cristais da porta da cociña, cousas brillantes, etc.
Son uns grandes pensador@s e falador@s! ! !

Logo debuxamos a Juanita reflexada na auga do lago.




Logo na mesma liña traballamos o conto de Elmer


Con este conto pensamos e falamos sobre a diversidade e a amizade. Pensamos no que nos gusta dos nosos amig@s e no que lle gusta aos demais de nós, de como non era importante que Elmer fose diferente porque o máis importante era que tiña moitos amigos porque era moi divertido e alegre, e tamén das características que pensamos que debe ter un bo amig@.


Coloreamos o noso Elmer.


Quedaron moi chulis.


Fixemos unha exposición con eles no corredor.


Tamén traballamos o conto: O soño do Osiño rosa.


Con este conto aprendimos qué é a empatía, reflexionamos sobre o que era poñerse no lugar dos demais, telos en conta, saber pensar no que eles pensan ou no que queren para poder axudalos.

Estou moi contenta de poder dicirvos que, cas súas palabras, razonan e explícanse mooooi ben e rematan captando a esencia dos contos que traballamos na aula.

Ademais, fixemos uns debuxos do osiño rosa moi fermosos.




E agora un vídeo resumo do noso traballiño con estes contos:

Xogando a pensar. . . on PhotoPeach

Bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario