domingo, 24 de enero de 2016

A LETRA U.

Dende que voltamos das vacacións de Nadal andamos a voltas coa letra u.


Contamos o conto da Urraca Ursulina, que non se levanta de boa gana para ir á escola e non deixa de buscar desculpas para perder o tempo: cortar a uñas, ir ao baño, etc. Logo, como chega tarde á escola , ten que poñerse de última na fila.


Na escola coñece ao seu mellor amigo: o unicornio Ulises. Xuntos viaxan polo Universo e comen uvas sentados na lúa.


Tamén limos o conto na pizarra dixital.


 E xogamos coa letra u.


Cómo podedes axudarnos a traballar a letra u ? Si atopades debuxos ou fotos a cor de cousas que teñan a letra u podedes traelas ao colexio. Con elas faremos distintas actividades e xogos , tal e como fixemos coa letra i.

Bicos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario