viernes, 17 de diciembre de 2021

CALENDARIO ADVENTO DÍA 17

 Hoxe abrimos o sobre número 17 e dentro atopamos estas dúas tarxetiñas.



A palabra para estimular linguaxe oral e escrito é  : HADA
Podedes comezar falando do seu significado e en lugar de atopar outras palabras que comecen pola letra H, como é difícil , deixámosvos un xogo con Pocoyó.

Hai que tentar escribir na casiña de abaixo as palabras con H que nos trae Pocoyó.


Aqui vos deixo un vídeo para que poidades  facer un hada moi chula



Este é o patrón da actividade plástica por si vos animades a facela.

A segunda tarxeta ten a proposta en familia de : INVENTAR UN CONTO DE NADAL

Para que vos vaiades inspirando aqui vos deixo un dos meus favoritos.




E aqui vos deixo tamén a carta dos Reis Magos para que a vaiades escribindo.


Agora tomade asiento que comeza o Photocall ! ! !



Allen estivo xogando coas palabras e os números na casiña das letras.


Tamén xogou coas construccións e a facer pompas.


Daniella fixo ioga, puxo a árbore de Nadal e. . . Elsa. . . bueno Elsa quixo ser unha bola máis da árbore! ! ! jajajaja


Carla está facendo delicias de Nadal na cociña. . . para chupar os dedos ! ! !


Tamén aprendeu xogando coas nosas propostas destes días.


E. . . xogando a disfrazarse. . . transformouse nunha Noeliña moi guapa! ! !

Moitos biquiños

Bibi


















No hay comentarios:

Publicar un comentario