miércoles, 15 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 15 E NOVAS PROPOSTAS

 Hoxe toca desvelar o contido do sobre número 15.


E dentro había dúas tarxetiñas coas seguintes propostas.


A tarxetiña para traballar a linguaxe oral contén a palabra : CARBÓN
jejeje!!! Hoxe os elfos das tarxetas estaban traviesos, pero eu estou segurísima de que os Reis Magos non lle van trae carbón a ninguén.
Podedes comezar falando do seu significado como facemos habitualmente, lembrar que hai carbón que serve para facer lume, carbón de comer, etc,  e xogar a que a palabra protagonista é CARBÓN.


E para os cocinillas, aqui vos deixo unha receita especial de carbón paravós, porque este é carbón para @s nen@s que se portan xenial coma tod@s vós.

Pinchade no enlace debaixo das flechas para ver a receita.



A tarxeta da proposta en familia para hoxe di : DISFRAZARSE EN FAMILIA

Así que. . . espero que o pasedes xenial e que me mandedes moitas fotiños disfrazados! ! !

Aqui vos deixo tamén algúns enlaces de cousiñas xogar por si vos apetece.


 Este primeiro son " nubes de vocales" para colocar en cada nube o debuxo que empece pola vogal correspondente.





O segundo enlace é un Lince navideño. A mecánica de xogo é igual que a do lince tradicional. Hai un tableiro grande ( eu imprimin en A3) no que aparecen debuxos de temática de Nadal e unhas fichiñas para recortar e que teñen uns debuxos que haoi que buscar no tableiro grande. É un xogo xenial para traballar atención e agudeza visual.



Podedes lembrar como xogamos na clase nunha entrada anterior do blog adicada á apredizaxe de mates divertidas.



Agora vos deixo algúns enlaces de  online para aprender xogando


Nesta terceira proposta hai que contar e colorear tantos cadrados como nos indica o número.





E a cuarta proposta de hoxe é para xogar online a facer series.



E agora tomade asiento que ides ver o noso álbum de fotos de propostas en familia e de Nadal.


Aqui tendes a Allen posando xunto á árbore, Quén adiviña si o animal que posa con él é un camello ou un dromedario?


Elexindo xunt@s os xoguetes para donar este Nadal.
Tendes un corazón enorrrrrme chicos! ! !


Martina fixo unha súper casiña postal de Nadal ! ! !


E xogou moito coas letras e os números ! ! !
Xenial Martina! ! !


Diego xogou a ordenar a serie numérica e fixo un boneco de neve chuliiiiiiiiiiiisimo!!!
Quedouche precioso Diego! ! !


Daniella traballou moitísimo e logo cantou e bailou panxoliñas ata que. . . mirade o que pasou e. . . ssssshhhh. . . non fagades ruído ! ! !


Felices soños Daniella e Elsa! ! !



Adrián xa ten as cartas dos Reis Magos e de Papá Noel preparadas. Pero ten moitos dilemas sobre como viaxarán os reis para traernos todo: en avión? voando en vasoira voladora? en camello? jajaja non o ten nada claro.


Tamén fixo unha árbore de Nadal preciosa!!!


Esa cabeciña non deixa de pensar nunca e fixo o tarro das grazas e tamén o dos desexos! ! !


Pintou unha bola fermosisima para decorar a árbore de Nadal


Adrián eres un campeón! ! !

E agora ides ver o que é unha familia polifacética.


Allen toca o acordeón e tod@s xuntos bailan panxoliñas! ! !

Bravo familia! ! !

Pero agora ides descubrir ao Cheff da clase.


Ao rico biscoito de chocolate! ! !
Bo proveito! ! !

Moitos biquiños e unha aperta enorme.

Bibi















































No hay comentarios:

Publicar un comentario