Como somos unhas mulleriñas moi dispostas, onte Jennifer e eu xa abrimos o sobre de hoxe para telo todo listo.
Aqui tendes o contido dos sobres.
A palabra do día é : CAMPANA
Como xa temos buscado moitas palabras que comezaron pola letra C, propóñovos falar do seu significado e facer a seguinte manualidade de Nadal.
Aqui vos deixo o enlace coa explicación para facelas.
A segunda tarxetiña tiña unha proposta para facer en familia estupenda : CHAMAR A ALGÚN FAMILIAR.
Aqui vos deixo outras propostas para aprender xogando:
1 - A xogar coas rimas como no cole! ! ! Hai que decir en voz alta o nome do debuxo que aparece no modelo e logo os nomes dos que aparecen abaixo e descubrir cal dos 4 que nos amosan rima co modelo.
2- Agora un xogo de Nadal para atopar o debuxo diferente. Moita atención ao vídeo e. . .a xogar! ! !
3 - Adiviñas de Nadal.
Escoitade con atención para acertar coa adiviña ! ! !
4- Para que Papá Noel e os Reis Magos vos coñezan un poquiño mellor, déixovos esta idea para imprimir e cubrir e logo mandarlles.
Tomade asiento agora que comeza o Photocall de Nadal.
Diego aprende xogando coas nosas propostas interactivas e fixo uns ourizos con moooooooito corazón! ! !
Tamén siguen ao pé da letra as propostas do calendario de Advento e déronse moitas apertas ben apretadiñas ! ! !
Jennifer fixo o boneco de neve que lle quedou fermosísimo .
Moi ben Jenny! ! ! Estás feita unha campeona! ! !
Despois de ver o conto : ASI ES MI CORAZÓN , o Chef Allen fixo uns corazóns para chuparse os dedos. Mmmmmm. . . que pintaza! ! !
Tamén estivo xogando coas letras e os números e lembrándose moito de tod@s os/as compis.
Daniella construíu unha cheminea moi nadaleira e nela colocou un buzón para deixas as súas peticións aos Reis Magos e Papá Noel.
Onde deixarían á gatiña Elsa esta vez? ? ?
Elsaaaa! ! ! Non estarás metida no buzón? ? ?
jajaja. . .
Moitos biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario