martes, 27 de diciembre de 2011
Investigando a Picasso
Os nenos e nenas de 5 anos estamos investigando a Pablo Picasso. Sabemos que naceu en Málaga e que estivo vivindo na Coruña cando era pequeno. Tamén sabemos que viviu en Barcelona e en París. Estivemos buscando no mapa onde quedan estes sitios. Estamos aprendendo a coñecer algúns dos seus cadros máis famosos: O Guernica, a Pomba da Paz, O ramo da amizade, Os tres músicos...
Queremos agradecer ás familias que nos axudaron moito a investigar na casa para atopar información e levala á escola para contarlla aos compañeiros e compañeiras.
Chamounos moito a atención algunhas das caras que Picasso lles pintaba ás veces ás persoas, parecían como tolas e deformadas. No seguinte enlace nós tamén podemos xogar a crear "caras tolas" como Picasso.
Á volta das vacacións seguiremos investigando...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)