Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓN. ANIMAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓN. ANIMAIS. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de junio de 2025

VISITA Á GRANXA ESCOLA DE BELELLE

 O pasado luns visitamos a Granxa Escola de Belelle en Neda, un espazo de convivencia en plena natureza onde os/as peques puideron  coñecer de preto o medio natural e aprender a respectalo a través de experiencias enriquecedoras e prácticas.

Durante a xornada, o alumnado participou en diversos obradoiros adaptados á súa idade e ritmo de aprendizaxe:

🌾 Obradoiro de aves
Os monitores e monitoras ensináronlles aos peques as características das distintas especies de aves, o proceso de reprodución dos ovíparos e outras curiosidades. Puideron ver de preto avestruces,  patos, galiñas, pavos reais, palomas, ocas, etc

🐄 Obradoiro de mamíferos
Neste taller aprenderon a identificar os diferentes mamíferos da granxa, os seus hábitos alimenticios, o seu coidado, as normas de hixiene, e o seu ciclo vital. Coñeceron tanto animais tradicionais como a vaca, cabra, ovella, coello, burro ou porco; como outros máis exóticos coma o dromedario ou a llama.

🍞 Obradoiro de pan
Os/as peques coñeceron os ingredientes que se usan para facer o pan, de onde proceden, como se amasa e como se coce. Cada un amasou o seu propio boliño de pan e levarono  para casiña.

🌸 Obradoiro de sales aromáticas
Aprenderán a elaborar sales aromáticas a partir das plantas aromáticas, neste caso empregaron lavanda.

🐴 Obradoiro de equitación
Deron  un paseo en poni. . Ademais, aprenderán a coidar destes animais, identificar as súas partes e coñecer os materiais necesarios para montar.

Foi unha xornada para desfrutar, aprender e convivir nun entorno natural, que axudou a reforzar o respecto polos animais, a natureza e os compañeiros e compañeiras.

Green and Yellow Illustration Farming Presentation de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . . 

martes, 28 de mayo de 2024

VISITAMOS A GRANXA O VENTOSO

Ao chegar á granxa as monitoras fixeron 3 equipos e con elas e as nosas profes pasamos por 3 talleres onde aprendimos moito e pasámolo xenial.

No primeiro taller coñecimos animais da granxa.


VISITA Á GRANXA : O VENTOSO de Bibianaboedoedu

No segundo taller fixemos pan...

Filipino Breads and Pastries Educational Presentation in Brown and Yellow Illustrative Style de Bibianaboedoedu

No terceiro taller montamos en poni.
presentacion infantil actividades dia de los niños ilustrado azul de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .