sábado, 19 de febrero de 2022

CONTEXTO CASA-POBO FEBREIRO : XOGANDO COAS MATES

 Aqui nos tendes xogando moito coas mates e aprendendo sen darnos conta.





Tamén fixemos unha pantalla de Entroido que imos colocar na nosa porta da próxima semana no Contexto de Xogos.




Xogamos a contar as sílabas das palabras.



Comezamos a facer ioga ao entrar do recreo para relaxarnos.





Seguimos recibindo material para o Proxecto de Pingüíns.


E xogamos moooooooito na nosa propia Antártida ! ! !




Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

Bibi

sábado, 12 de febrero de 2022

SÚPER DEBUXOS DE PINGÜINS

 Esta semana seguimos recibindo axuda da casiña en forma de material para investigar os pingüíns.







Pero non nos esquecimos de que vos debía amosarvos os debuxos fermosísimos que fixeron do conto: CON TANGO SON 3













Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi




11 FEBREIRO: DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA

 Achegámonos á figura de Marie Curie, vimos algúns vídeos  e falamos dela e do seu importantísimo traballo científico.





Fixemos un debuxo estupendo de Marie Curie para levar a casiña.






E fixemos o noso propio experimento científico: neve para xogar cos nosos pingüíns.




Aqui tendes máis fotiños do ben que o pasamos.
11 febreiro de Bibiana Boedo

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi

CONTEXTO DE TEATRO FEBREIRO: APRENDER XOGANDO

 Neste Contexto priorizamos o traballo da linguaxe e a expresión oral  e escrita.

Fixemos un montón de xogos de letras cos que aprendimos moito sen darnos conta.

Temos uns pingüíns con unhas palabras de vocabulario de inverno que tentamos escribir na imprenta e debuxar o seu significado, xogamos ás adiviñas de inverno, tamén fixemos puzzles e xogos de vogáis, etc.

CONTEXTO DE TEATRO de Bibiana Boedo

Coa caixa de inventar contos, eleximos: obxecto, lugar e personaxe. Logo inventamos unha historia que debuxamos e contamos aos compis.


Tamén xogamos a atopar a "Palabra secreta" que nos deixaba Burguiña dentro duns sobres moi misteriosos. E nalgúns había trampa e non había nada dentro! ! ! Esta Burguiña é unha bromista! ! !
Tiñamos que pegar a palabra, copiala, contar cántas letras tiña e facer o seu debuxo.



Tamén estivemos traballando nunhas letras colaborativas para construír a palabra ENTROIDO.



E disfrutamos dos novos xogos do recuncho de relax do patio.









Seguimos actualizando. . .

Biquiños

Bibi