Mostrando entradas con la etiqueta PORTADAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PORTADAS. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de junio de 2026

O PINCEL NON PARAAAAA!

 A primavera xa chegou á nosa aula!

Nestes últimos días, no Contexto Artístico, realizamos unha proposta moi colorida na que creamos unhas fermosas flores de primavera.

Ademais de pintar e dar renda solta á nosa creatividade, esta actividade permitiunos traballar aspectos moi importantes para a aprendizaxe. Tivemos que poñer moita atención para distinguir as flores do fondo, observar con detalle cada elemento e empregar as cores axeitadas en cada caso.

Deste xeito, mentres desfrutabamos creando as nosas obras de arte, tamén exercitamos a percepción visual, a concentración e a capacidade de seguir consignas, habilidades fundamentais nesta etapa educativa.

E, como podedes comprobar, o resultado encheu a aula de cor e de alegría, igual que a propia primavera! 



Pero , Pouco a pouco imos achegándonos ao verán, e no Contexto Artístico quixemos celebralo cunha proposta chea de cor e de mar .

Nesta ocasión pintamos unha gran balea nadando tranquilamente entre as ondas, un debuxo moi especial que se converterá na portada das nosas tarefas do terceiro trimestre.

A través desta actividade, ademais de desenvolver a creatividade e o gusto pola expresión artística, traballamos a atención e a observación, xa que tivemos que identificar os diferentes elementos do debuxo e empregar as cores máis axeitadas para cada un deles. Tamén puxemos en práctica a coordinación óculo-manual e a motricidade fina, intentando colorear con coidado e precisión.

Mentres pintabamos, aproveitamos para conversar sobre os animais mariños, o océano e a chegada do bo tempo, facendo voar a nosa imaxinación cara a praias, vacacións e aventuras de verán.

O resultado será unha portada preciosa, elaborada con moito esforzo e ilusión, que veredes próximamente. . . 


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños


martes, 24 de junio de 2025

PORTADAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 Este trimestre fixemos unhas portadas moi veraniegas e cheas de cor. Para comezar, pintamos o fondo cunha paisaxe de praia usando témperas: a area en tons amarelos e o mar en diferentes azuis.

Despois, recortamos círculos vermellos de cartolina, que se converteron no corpo do noso protagonista: un simpático cangrexo.Engadímoslle as pinzas, as patas... e uns ollos moi especiais! Usamos ollos móbiles de pegatina, que lle deron un toque simpático e moi divertido ao noso personaxe.


Cada portada quedou única e moi creativa. Con esta actividade traballamos a motricidade fina, a composición artística e tamén espertamos as ganas de verán.

Cada portada foi diferente e feita con moito agarimo. Pasámolo xenial creando, recortando e pintando, e así despedimos o trimestre co sabor do verán.