sábado, 27 de septiembre de 2014

DESPEGAMOS CARA AO ESPAZO E. . . ALGUNHA QUE OUTRA ARTISTADA. . .

Esta semana despegamos cara o espazo, por iso comezamos a traer a clase cousas para investigar.



Organizamos as nosas ideas sobre o tema, explicámolas ante os compañeiros e tomamos boa nota das respostas a estas dúas preguntas:
1- Que sabemos do espazo?
2- Que nos gustaría saber?
Como pasa sempre, as nonsas ideas son moitas por iso ao final acordamos escribir só as que nos parecían mais importantes.


Vimos debuxos animados do espazo, e non só o venres de cine, porque nos estamos a portar bastante ben e iso ten premio! ! !


E. . . unha das cousas que mais nos gustou foi que grazas á nosa compañeira Paula,  COMIMOS A LÚA ! ! !
Tentamos comprender e coñecer as fases da lúa e despois tentamos reproducilas cas galletas que trouxo Paula, amodiño e case tod@s xunt@s.


No paquetiño que trouxo Paula, viña unha pequena explicación con foto incluída e 4 galletas.
Para reproducir as fases da lúa na escola, empregamos dúas galletas que logo comimos ao final da actividade.
Por iso levaron para casa o paquetiño cas dúas galletas que quedaban e a explicación para saber facervos o mesmo truco na casa. Estou segura de  que se explicaron moi ben ! ! !

GRACIÑAS A PAULA E Á SÚA FAMILIA POR ESTE MOMENTO TAN DOCE ! ! !

Iso si, teño que aproveitar para insistirvos na AUTONOMÍA, pois son nen@s de 5 anos que non deberían ter problemas para abrir unha bolsiña ou paquete de galletas , nin para sacar e meter un papeliño nunha bolsa, e. . . houbo serios problemas. . . ejem. . . 

3,2,1. . . DESPEGAMOS! ! ! on PhotoPeach  

Pero o espazo non nos quitou tempo de "artistear", polo que fixemos unhas árbores de Outono que nos quedaron ben bonitas.




ÁRBORES DE OUTONO - Movie Maker

Xa por último, só nos queda ensinarvos uns debuxos preciosos que fixemos da historia do "Pato Afortunado". Agora ímos maiores e escoitamos todo tipo de lecturas, así que ista é unha historia real que apareceu na prensa e que nos trouxo a profe Pilar. 


Feliz semana!!!

Bicos.





viernes, 26 de septiembre de 2014

CUMPLEANOS DE NOEL! ! !

Este xoves celebramos o cumple de Noel. É o primeiro cumple do curso! ! !
A súa nai acompañounos á hora da merenda para convidarnos a biscoito e tamén a uns carameliños para tomar despois de comer.
Este ano de agasallo temos un medallón de maiores ! ! !


Parabéns Noel e que teñas moitos agasallos! ! !

Bicos.


viernes, 19 de septiembre de 2014

SEMANA EMOCIONANTE NA CLASE DE 5 ANOS ! ! !

Esta semana limos un conto rimado porque xa ímos maiores e hai que ler textos de distintos tipos.
Para a ocasión elexín o conto " Cocodrilo" da Editorial Kalandraka, que foi un dos que pedimos aos Reis o curso pasado.
Á ultima hora da mañán dinlles a elexir entre ir aos rincóns ou facer un boneco do cocodrilo. Algúns fixeron as dúas cousas e outros só unha, pero as eleccións son tamén unha responsabilidade de maiores.


Tivemos a nosa segunda clase de música co profe Vicente, e podo dar fé de que o pasan xenial e atenden moito na aula de música, tanto ou mais que os maiores de Primaria.
Queredes velos en acción ? ? ?

Música maestro ! ! ! on PhotoPeach

Estivémonos preparando para comezar a investigar
O ESPAZO ! ! !



TODO O MUNDO PREPARADO PORQUE
DESPEGAMOOOOOOOOS! ! !


No noso venres de cine comezamos a nosa motivación cara ao proxecto que ocupará nas próximos meses as nosas cabeciñas.


E despois preparamos a carta para levar a casa e informar ás nosas familias do que queremos investigar.



E rematamos a semana no ximnasio facendo distintos xogos para traballar a Psicomotricidade.


O que vedes, non son fotos movidas. . . é que a cámara non pode captar a nosa velocidade supersónica ! ! ! je je je. . . 

Non podo rematar a semana  sen dicir que, en xeral, estou moi contenta co comportamento da aula e a súa atención. Seguide así meus pequenos grandes piratas ! ! !

Boa semana ! ! !
Bicos.







viernes, 12 de septiembre de 2014

O REENCONTRO ! ! !

Chegou o momento do reencontro, de contar aos amig@s o que fixemos nas vacacións, compartir de novo xogos, contos, merendas e aventuras. Chegou setembro e voltamos á escola, pero agora somos os maiores de infantil, os responsables, os que temos que dar exemplo, coidar dos pequenos e deixarlles xogar, igual que fixeron con nós cando chegamos ao cole.

Estamos na clase de 5 anos e por iso hai algúns cambios no noso día a día: estamos en equipos mais pequenos, con menos xente e así traballamos mais tranquil@s. Ademais agora os nosos equipos de mesa teñen un número e tamén as nosas bandexas co material, cada mesa ten a súa e  temos que coidar moito as cousas.


Pero hai cousas que non cambiaron, pois seguimos desfrutando coma sempre dos momentos de xogo compartidos nos rincóns. . . 


. . . e tamén dos venres de cine. . . 


Aqui vos deixamos un vídeo dalgunhas das cousas que fixemos nestes días de reencontro.

Reencontro na clase de 5 anos! ! ! on PhotoPeach
Moitos bicos e boa fin de semana! ! !


domingo, 7 de septiembre de 2014

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2014-2015.

O mércores ás 9:00 comezamos un novo curso, na misma aula pero sendo agora os maiores de infantil, pois xa temos 5 anos ou estamos a puntiño de cumplilos.


Cando veñades a acompañar aos vosos fill@s á escola, ás 9:00,  faremos unha breve reunión na aula mentras el@s xogan no patio e se poñen ao día en compañía dos profes de  apoio.


A reunión será moi breve, tan só para aclarar algunhas cousas referentes ao novo curso que comeza. Si alguén ten dúbidas de carácter persoal, que me pida cita para uha titoría e asi poder iniciar canto antes a xornada cos pequen@s.

Feliz comezo a tod@s e ata o mércores !!!

Bicos.