Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA: CÉ , ORQUESTRA PANTASMA.

 Con motivo do Día de Rosalía, tivemos na escola a sorte de gozar do concerto de Cé Orquestra Pantasma, que nos ofreceu unha actuación moi especial.

Foi un concerto moi participativo, cheo de música en galego, no que o alumnado puido cantar, bailar e implicarse en todo momento. Disfrutamos moitísimo desta experiencia, que nos permitiu achegarnos á nosa lingua e cultura dun xeito lúdico e moi divertido.

 Seguiremos actualizando. . .

viernes, 6 de junio de 2025

TALLER DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

 Fai uns días pasámolo xenial co taller de Instrumentos Tradicionais Galegos grazas a Olga e Pablo da Asociación Cultural Donaire.





Gustounos tanto que logo bailamos na clase!


Seguiremos actualizando. . .

domingo, 18 de mayo de 2025

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2025 NO COLEXIO

 Este ano homenaxeando ás cantareiras e pandereteiras, celebramos as nosas letras contando no colexio coa actuación de Blandina e Saleta, avoa e nai de dous nenos do noso cole que son cantareiras e pandereteiras en Xacarandaina.

Tamén cantamos xunto a todos os nenos e nenas de Infantil "Felisa vai en coche"

Letras galegas 2025 no colexio de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .

sábado, 17 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025: VISITA AO INSTITUTO

 Este ano o Día da Letras Galegas adícase á música popular, ás cantareiras e pandereteiras que con tanto amor transmiten a nosa tradición oral. Por iso, trouxemos pandeiretas ao colexio feitas en familia con materiais de refugallo e tamén pintamos pandeiretas no Contexto Artístico.




Visitamos o Instituto e fixemos varias actividades relacionadas co Día das Letras Galegas e tamén nos axudaron a facer pandeiretas.


Presentación trivia interactiva Abecedario Reconocimiento de letras y escritura ilustrativo colorido de Bibianaboedoedu

lunes, 20 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado de Educación Infantil cantamos e bailamos a canción: A vaca Marela.

Primerio preparamos as nosas coroas con esmero.


Posamos coas coroas antes da nosa actuación.


Cantamos, bailamos e pasámolo xenial! ! !




Seguiremos actualizando. . .

sábado, 20 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023, PAXARIÑOS, YAYOI KUSAMA E MOITO MÁIS. . .

 Esta semana no Contexto de Arte pintamos uns paxariños fantásticos.

A profe Ana voltou  de visita e para axudarnos coas artistadas .


Fixemos composicións artísticas con diversos materiais e xogos.


Celebramos o Día das letras Galegas , adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, todos/as xuntos/as no patio do colexio , onde puidemos presenciar distintas actuacións de todos os cursos, a entrega de premios de relato curto e poesía e para o fin de festa desfrutamos do Himno Galego.

Aqui vos deixamos unha escolma de fotos da conmemoración.






Ademáis o alumnado de Educación infantil bailamos a muiñeira coa canción "Pousa" de Uxía Lambona e a banda molona.


Tamén preparamos un vídeo de "Palabras riquiñas" que podedes ver no seguinte enlace , que vos levará á páxina web da nosa Biblioteca


Para participar nos "Xoves de ciencia" do colexio ,continuamos a facer a nosa maqueta para explicar o funcionamento do aparello dixestivo.
Esta semana colocamos as pegatinas do Anybook nas distintas partes do corpo, logo grabámonos explicando o que pasaba en cada unha delas e agora ao pulsar co lápis do Anybook sobre elas pódese escoitar a nosa explicación.
Tamén estivemos preparando as partes móbiles da nosa maqueta e xa pronto poderedes vela ao completo.


Fixemos puzzles en equipo.


Estamos rematando a secuencia didáctica de debuxar aos compis , xa casi nos debuxamos a tod@s! ! !


No Contexto de Teatro inventamos e representamos contos con: presentación, nudo e desenlace.


Aprendemos, escribimos e debuxamos vocabulario de primavera.


Facemos xogos de lectoescritura.


Como xa investigamos moito sobre a vida e a obra de Yayoi Kusama, agora estamos a aprender cousas sobre a cultura do seu país: Xapón.


Comezamos pola súa bandeira, aprendendo que representa o sol e chámase HINOMARU, que significa  CÍRCULO SOLAR.
Tamén xogamos a inventar bandeiras e representalas modelando plastilina.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

lunes, 16 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 O venres conmemoramos no patio O Día das Letras Galegas.

Recitamos xenial o noso poema e bailamos a muiñeira.

Aqui tendes un resumo en imaxes do ben que o pasamos.

Letras Galegas de Bibiana Boedo

E para que vexades o ben que bailamos, aqui vos vai un vídeo.


Seguiremos actualizando.

Bibi


domingo, 28 de mayo de 2017

Letras Galegas 2017: Carlos Casares

Para traballar a figura de Carlos Casares fixemos distintas actividades na aula, moitas delas empregando a pizarra dixital coa profe Luz.
Tamén limos moitos dos seus contos, vimos unha obra de teatro e fixemos un pequeno caderniño de xeito individual.

Uns días antes da celebración no colexio fomos ao salón de actos da Universidade Laboral para celebrar as Letras Galegas coa música de Paco Nogueiras no concerto Brinca Vai.

Fomos andando e o alumnado maior de 4ºB ( da clase da profe Tesi ) foron os encargados de acompañarnos e coidarnos no traxecto tanto de ida como de volta.

Aqui vos deixamos un vídeo resumo da xornada.





Uns días máis tarde conmemoramos o Día das Letras Galegas tod@s xuntos no patio da escola, os maiores leron moitas cousas da vida e obra de Carlos Casares, entregáronse os premios de relato curto e poesía e @s alumn@s de 5 anos limos un poema adicado á nosa lingua que escribiu para nós a profe Luz con moito cariño.

Aqui vos deixamos outro resumo en imaxes da xornada de conmemoración na escola.


Seguiremos actualizando. . .

Bicos.

domingo, 29 de mayo de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Por fin o tempo dou unha pequena tregua e puidemos celebrar o Día das Letras Galegas no patio.


Vimos a entrega dos premios de relato curto e poesía, as distintas actuacións dos nosos compañeir@s maiores e, para o fin de festa, rematamos cantando tod@s xunt@s.



Bicos.

martes, 17 de mayo de 2016

CONCERTO DE PABLO DÍAZ ! ! !

Para conmemorar a semana das Letras Galegas, tivemos a sorte de asistir a un concerto de Pablo Díaz no ximnasio do colexio.

Antes, preparamos unha guitarra para decorar o telón de fondo.


Cantamos e pasámolo boi ben durante todo o concerto.


Aqui vos deixamos un resumo en imaxes .

Concerto de Pablo Díaz on PhotoPeach

Bicos.

sábado, 23 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.

Este ano, o 17 de maio, Día da Letras Galegas, estivo adicado á figura de Xosé Filgueira Valverde.


Na aula fixemos distintas actividades para coñecelo mellor.


Celebrámolo no patio xunto con todo o colexio o día 14 de maio.

Primeiro fíxose unha lectura da biografía d autor no que participaron alumnado dos distintos cursos.

O noso representante foi Anxo.


Logo vimos a entrega de premios do concurso de relato e poesía.


Escoitamos como lían distintos textos do autor.


Os nenos e nenas de Educación bailamos e cantantamos unha muiñeira corrida.


Os nen@s de primaria cantan " Ai ven o maio" e a oquestra interpreta "Ao son do Ar".


Rematamos a celebración co himno galego, que algúns decidimos bailar tamén. . . 


Xa vedes que o pasamos en grande, pero si queredes un resumo da celebración en imaxes, tomade asiento.

LETRAS GALEGAS 2015 on PhotoPeach

Bicos.

sábado, 17 de mayo de 2014

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Hoxe 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas.


Este ano, esta data está adicada a Xosé María Diaz Castro.


Por iso, ao longo da semana, fomos coñecendo cousiñas sobre a súa biografía e plasmándoas nun pequeno caderniño que levamos onte para casa.
E tamén ensaiamos, un pouquiño cada día, o seu poema musicado "Esmeralda" para cantalo no patio.

Esmeralda.

Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sen ti!

Ademáis onte celebramos no patio, xunto con todo o cole, esta conmemoración. 



Escoitamos con atención as cousas que lían os maiores sobre Xosé María Diaz Castro.


Presenciamos a entrega de premios de relato curto e poesía.


E cantamos "Esmeralda" e o Himno Galego, acompañados por uns estupendos frautistas.


Que teñades un feliz Día das Letras Galegas! ! !

Bicos.

jueves, 16 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Este ano, como xa saberedes, o Dia das Letras Galegas está adicado  á figura de Roberto Vidal Bolaño.


Como somos moi curios@s, estivemos investigando algunha cousiña sobre a súa vida. Sabemos que naceu en Santiago, que traballou no teatro e na televisión, que escribiu obras de teatro, que lle gustaba levar sombreiro e nariz de paiaso, etc.

Aqui nos tendes facendo algúns traballiños e preparando as coroas para a nosa actuación no Festival.

TRABALLIÑOS LETRAS GALEGAS 2013 on PhotoPeach

E este é o noso festival das Letras Galegas en imaxes. . .
Por certo, nalgunhas fotos, Lucas sae chorando, pero dou fé de que non choraba ouro, aínda que era un sol,  o que pasou é que lle pisaron un raio. . . digo un dedo. . . sen querer. . . e choraba auga. . .

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2013. on PhotoPeach
.
Bicos e. . . ata o martes !!!