Mostrando entradas con la etiqueta PITIÑOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PITIÑOS. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de diciembre de 2023

O POLO PEPE E MÁIS AVENTURAS NO COLE.

 Estes días estivemos preparando sorpresiñas do Polo Pepe.


Tamén aprendemos moito xogando e compartindo xunt@s e subimos á Biblioteca.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

sábado, 4 de junio de 2022

CONTEXTO CASA-POBO XUÑO

 Esta semana , a profe Susana levounos a ver os pitiños na incubadora.


Tamén fixemos psicomotricidade , como todos os martes, no ximnasio.



Coa profe Bibi aprendimos mates xogando de xeito manipulativo.


E o venres, fixemos Teatro, dentro do Programa Mus-e , co profe Ramiro.



Seguiremos actualizando.

Biquiños

Bibi

domingo, 18 de marzo de 2018

Cuentistas

Estes días sorprendímonos moi gratamente ao descubrir que temos uns peques moi "cuentistas", encántalles falar en público e "contar" contos ou o que xurda, ás veces axustándose á realidade e outras. . . en versión libre, pero sempre dun xeito que fan que todo sexa interesantísimo e, o máis importante, divertidísimo.

Con todo o noso cariño para @s cuentistas. . .

Por un lado temos @s clásicos aos que lles encanta contar contos e que o público estea caladiño. . .


Tamén temos as que contan contos con moito estilo. . .


Pou outro lado, están os que contan unha visita á Casa das Ciencias e o nacemento dos pitiños da incubadora como se fose un conto de Ciencia Ficción.


E xa para rematar, descubrimos quen conta e fala por teléfono pero. . . ollo, que sospeitamos dunha conferencia a longa distancia! ! ! Que vai pasar cando nos chegue a factura? ? ?


Que teñades unha boa semana ! ! !

Moitos bicos.





domingo, 4 de marzo de 2018

Pío, pío, pío: continuamos cos pitiños.

Ainda que ultimamente estivemos moi polifacétic@s (Entroido, excursións, mariscador@s, Rosalía, etc), seguimos coas nosas investigacións no noso proxecto de PITIÑOS.

Agudizamos o oído, pois Anxo trouxo un saquiño misterioso no ha había uns ovos moi especiais, e temos que estar en silencio e moi atent@s para atopar os ovos que soan igual.

Image result for pollitos gif animados


Con Sara Fernández falamos de como a mamá galiña abriga aos seus pitiños, os ensina a comer, etc.
Sara trouxo unhas fotos estupendas que colocamos na parede no noso recuncho dos PITIÑOS.

Image result for pollitos gif animados


Adrea sorprendeunos a tod@s con dúas actividades plásticas que fixo para adornar e xogar no recuncho.

pollito-y-polluelo-imagen-animada-0006


Con Thiago comparamos as partes do corpo dos PITIÑOS coas partes do corpo das PERSOAS, e falamos de semellanzas e diferenzas.

pollito-y-polluelo-imagen-animada-0017


Tamén seguimos lendo o material que recibimos da casa na procura de información para seguir aprendendo moito.

Algunhas das cousas que imos aprendendo plasmámolas por escrito, non todas porque non temos tempo suficiente e tamén é preciso que @s pequen@s aprendan a expresarse e contar verbalmente os nosos descubrimentos e aprendizaxes.

Contamos as distintas partes do corpo dos PITIÑOS e plasmamos algunhas das nosas contas en papel.


Aprendimos adiviñas e poesías relacionadas co tema que incluiremos no noso LIBRO DOS PITIÑOS para que poidades desfrutar delas na casa.


Aqui vos deixamos un divertido xogo no que hai que poñer os pitiños a salvo. É para xogar en familia, pois precisarán seguramente un pouco de axuda.

Clicade aqui para xogar.
Image result for flecha gif animados

Atopamos unha presentación en internet que resume moi ben algunha das cousas que fomos aprendendo sobre os PITIÑOS.


E para rematar, un conto relacionado co tema.




Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.


sábado, 3 de febrero de 2018

Seguimos cos pitiños ! ! !

As profes inventaron un xogo co que asociar número e cantidade. Chámase : AS GALIÑAS POÑEDORAS.

Temos unhas galiñas cun número e unha caixiña con tapóns que simulan ser os ovos.
Temos que poñer a cada galiña tantos ovos como indica o seu número.

Aqui nos tendes contando ovos. . . 




Tamén estamos aprendendo as partes do corpo dos pitiños e comparándoas co noso corpo.


Seguiremos actualizando.

Bicos.


domingo, 28 de enero de 2018

Aprendemos moitas cousas sobre os pitiños.

Grazas ás  familias, seguimos recibindo moito material para axudarnos nas nosas investigacións e estamos aprendendo moitísimas cousas sobre os pitiños.


Moitísimas grazas pola vosa axuda familias! ! !
Pouco a pouco tentamos ir vendo e xogando con todo o que nos mandades, léndolles a información e intercambiando entre as dúas clases as cousas que pensamos que poden resultar de interese, porque ademais así acostúmanse a compartir.

Investigamos tamén coa axuda de internet e atopamos vídeos cos que aprendemos moito.

Por exemplo, gustounos moito saber que fan os pitiños dentro do ovo antes de nacer.
Algúns pensaban que era moi aburrido non poder sair, pero despois de ver o vídeo xa entendimos que os pitiños dentro do ovo non teñen tempo para aburrirse, pois estanse preparando e o seu corpo estase formando. Igual que fixemos nós dentro da barriga das nosas mamás.




Vimos vídeos como o seguinte e observamos con moito interese como nacen os pitiños.



Gustounos moito ver como a mamá galiña ensinaba aos pitiños a comer miñocas.



Rímonos moito con este debuxo animado dun pitiño se facía amigo da miñoca en lugar de comela.


Despois puxémoos un pouco mais seri@s e formais para seguir coas nosas investigacións, pois Vera trouxo unha caixiña coa comida que toman os pitiños.
Pareceunos moi interesante que a manipulasen, comparasen, etc.
Esta foi unha das cousas que compartimos entre as dúas clases.
 Resulta moi gratificante comprobar como para el@s compartir estase convertindo nun hábito do mais natural e nas dúas clases el@s mesm@s piden  ensinar a información á outra clase.

Aqui nos tendes explorando e manipuando a comida dos pitiños.



Plasmamos algunhas das cousas que imos aprendendo no LIBRO DOS PITIÑOS.
Image result for gif pollito



Tamén cantamos e bailamos.




Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


domingo, 21 de enero de 2018

INVESTIGANDO OS PITIÑOS.

Seguimos recibindo moita axuda de todo o tipo para o noso proxecto.


Moitas grazas pola vosa colaboración familias! ! !

Ainara ensinounos unha canción dos pitiños e un enlace onde atopala para cantala.



Con Adrián vimos un vídeo co que aprendimos moitas curiosidades sobre os pitiños.



Comezamos a explorar o material que temos para atopar as respostas ás nosas curiosidades e inquedanzas sobre os pitiños.

Image result for gif animado pollito bailando
Iremos plasmando algunhas das cousas que aprendamos no LIBRO DOS PITIÑOS.
Irémolo elaborándoo a medida que avancemos nas nosas investigacións.

Aqui tendes unha pequena mostra do que plasmamos no libro.


Related image


As profes axúdanos a atopar vídeos interesantes cos que aprender moito e tamén xogamos na pizarra dixital algún ratiño.

Juego en línea, apretando cualquier tecla. #JuegosParaBebes #ChinPum

Pinchade aqui para xogar:


Seguiremos actualizando.

Bicos.





domingo, 14 de enero de 2018

Comezamos proxecto: OS PITIÑOS

Como xa vos contamos polo TokApp ímos comezar o noso primeiro proxecto no cole de maiores.
Para aprender moito sobre OS PITIÑOS estamos recopilando material relacionado co tema.

Related image

Podedes traer contos, fotos, xogos, bonecos, vídeos, libros con información, información sacada de internet, debuxos, etc.
Todo será ben recibido, pois todo pode axudarnos a pensar, aprender e medrar.

É importante que o material que aportedes teña o nome d@s nen@s, pois cando rematemos as nosas investigacións sobre o tema devolveremos cada cousa ao seu don@.

Xa vai chegando algunha axuda! ! !


Animádevos a colaborar! ! !

Bicos.