domingo, 10 de diciembre de 2017

Enlaces actualizados! ! !

Na columna da dereita do blog, onde están os nosos enlaces favoritos con moitos xogos cos que podemos aprender e divertirnos, había algúns que xa non estaban dispoñibles ou non funcionaban.

Imagen relacionada

Algunhas familias avisáronme e como lles prometín, xa que estes días tiven tempo reviseinos todos.

Agora os enlaces que non funcionan xa non aparecen e. . . temos enlaces de xogos novos! ! !

Tamén os enlaces de interese para as familias na columna da esquerda están revisados e actualizados.

Bicos.

jueves, 7 de diciembre de 2017

Cóntame un conto ! ! !

Nestes días de ponte nos que temos mais tempo, lembrade o importante que é contarlles contos aos pequen@s e aproveitade para lerlles moito.

Atopamos a seguinte imaxe que nos gustou e queremos compartila con vos, porque resume dalgún xeito o importante que é para @s nen@s nestas idades escoitar contos.


No cole estes últimos días escoitamos os seguintes contos nas nosas visitas semanais á Biblioteca:




Despois de escoitalos na Biblio e desfrutar das imaxes dos libros, repetimos nas aulas pero esta vez en formato dixital, pois vimos os contos nos vídeos que aqui vos deixamos.





Desfrutade da ponte e a ler moitos contos ! ! !

Bicos.


Aniversario de Diego! ! !

Este martes na clase das xoaniñas celebraron o aniversario de Diego cun rico biscoito do que deron boa conta á hora da merenda.
Xa vedes que aínda que semana sexa curta sempre hai tempo para unha boa festa! ! !



Grazas á familia de Diego por convidarnos a merendar.

Parabéns e agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !

Bicos.


domingo, 3 de diciembre de 2017

Aprender e divertirse: psicomotricidade, baile, contos e algún traballiño de mesa.

Comezamos a facer algunha portada. . . ¿para que serán???


Tamén algunhas cousiñas de Nadal. . .  Sorpresa! ! !


Visitamos a decoración de Nadal que se atopa na entrada principal do colexio.
Lembrade que se pinchades sobre as imaxes podedes amplialas para velas mellor.




Na Biblioteca escoitamos o conto: Cincenta e as zapatillas peludas, do autor Davide Cali e publicado pola EDITORIAL XERAIS.


Reinterpretación do conto de Cincenta divertida e chea de humor que cuestiona os estereotipos que impiden a educación en igualdade entre nenos e nenas e que recomendamos para traballar coeducación.
Despois de escoitar o conto probamos as zapatillas peludas ! ! !

  
Tamén escoitamos o conto de : A tartaruga que quería durmir de Roberto Aliaga Sánchez, publicado por OQO EDITORA.



Aqui vos deixamos o vídeo do conto.



Para algúns é un paracaídas, para nós a carpa do circo. . . e non vexades que circo montamos nas dúas últimas sesións de Psicomotricidade: subindo, baixando, xirando, cambiando de man, pasando por debaixo, movendo unha pelota e facéndoa saltar, etc.


Foi divertidísimo e traballamos moitos conceptos espaciais xogando! ! !



Na aula de música cantamos e representamos a canción: Buscando Papá Noel a árbore de Nadal, Susa Herrera e Mamá Cabra.




E para cantar na casa. . . Preparad@s, list@s, xa! ! !


Así de ben o pasamos xogando no ximnasio cando vai moito frío no patio ou cando os columpios están mollados.


E tamén traballamos un pouquiño nos nosos cadernos de lóxica - matemática.


Non nos perdades de vista porque pronto seguiremos actualizando.

Bicos.

Aniversarios de Sara Fernández e de Nerea Mosquera ! ! !

Na clase dos PIRATAS comezamos a semana celebrando o aniversario de Sara Fernández que nos convidou a un rico biscoito para merendar.



Na clase das XOANIÑAS rematamos a semana celebrando o aniversario de Nerea Mosquera que trouxo un bicoito moi rico á hora da merenda.



Parabéns ás dúas e moitos biquiños para que vos recuperedes de todo, pois Sara esta semana púxose maliña e Nerea non puido celebrar o seu aniversario antes por estar enfermiña tamén.

A coidarse moito chicas maiores ! ! !






sábado, 25 de noviembre de 2017

25 de NOvembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.


Nas aulas de 3 anos puxemos o noso graíño de area e educamos na igualdade coa axuda do seguinte conto, pois pensamos que para acadar unha sociedade menos excluínte, mais igualitaria e libre de sexismo temos que transformar primeiro a educación das novas xeracións e os contidos aos que están expostas a través de películas, música de moda (que cantan sen pararse a pensar na letra) e mesmo contos clásicos.

É difícil ensinar aos mais pequenos a desfacerse de estereotipos sexistas si o que escoitan antes de durmirse é que Cincenta tivo que casarse cun príncipe para ser felices e comer perdices, ou que Brancaneves limpaba a casa dos ananitos. . . Non vos parece?


Despois de ver o vídeo estivemos reflexionando sobre o tema na medida que a súa madurez o permite, pero lembrade que neste caso a educación comeza en casa e que os adultos somos exemplo e modelo a imitar polos cativ@s.

Nas aulas preparamos unhas cintas moradas con mensaxes contra a violencia de xénero, no noso caso con palabriñas sinxelas como: amor, bicos, apertas, agarimo, etc.
Logo xuntámonos as dúas clases na entrada de Educación Infantil para colgar as nosas cintas moradas na  árbore contra a violencia .



Grazas por unirvos á nosa proposta de asistir á escola cun lazo morado! ! !


Recomendacións de contos para educar na igualdade que os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador poden mercarlles este Nadal:


Margarida é unha elefanta que abrirá o camiño á igualdade ás súas compañeiras.


O autor deste conto retoma o papel que xogan os homes na crianza das novas xeracións.


Mais aló do felices para sempre, o desenlace do conto é unha nova procura da felicidade.


Desmitificando o estereotipo das princesas , este conto é simplemente xenial ! ! !



Libro sobre a aceptación de un mesmo e que anima aos nen@s a ser ele@s mems@s e deixar a súa pegada no mundo.


Carlota é unha princesa que está farta da cor rosa e de bicar sapos para ver si se tranforman en príncipes.


Unha nova versión do clásico en clave de humor para axudarnos a educar na igualdade de xénero e na corresponsabilidade doméstica.


Para educar na igualdade de xénero.


Seguiremos actualizando. . . 

Bicos.

viernes, 24 de noviembre de 2017

20 DE NOVEMBRO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Traballamos esta data tan especial a nivel de aulas falando de todas as cousas das que afortunadamente podemos desfrutar, pero por desgracia non tod@s @s nen@s do mundo desfrutan.

Como son moi pequeniñ@s dímoslle un toque festivo e cantamos esta canción:


Colaboramos participando nunha actividade colectiva a nivel de centro pegando unhas etiquetas cos nosos nomes nun mural coas siluetas dun neno e dunha nena.
Traballamos moito nas clases repasando os nosos nomes con rotus para que as nosas etiquetas quedasen moi bonitas.
Para facilitar a tarefa, empregamos un mural para Educación Primaria e outro para Educación Infantil.

Na seguinte montaxe fotográfica podedes ver como foi a nosa participación no mural do DIA UNIVERSAL DA INFANCIA.


Seguiremos actualizando.

Bicos.


domingo, 19 de noviembre de 2017

Somos polifacétic@s! ! !

Nestes días fixemos moitas cousas e moi diversas.

 Fixemos algún traballiño no noso caderno de maiores despois de xogar moito coas actividades previas na PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA.


Falamos das landras e dos cogomelos e fixemos uns traballimos plásticos que nos quedaron moi chulos.




Na aula de música cantamos e bailamos coa canción do Outono de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA.
Aqui vos deixamos o vídeo con karaoke para que poidades cantar na casa.



No ximnasio exploramos o espazo, tomamos conciencia do lugar que ocupa o noso corpo e xogamos situándonos dentro-fóra dos aros. 


É interesante ver como na aula de música buscan para bailar amig@s da outra clase ou no ximnasio tentan xuntarse no mesmo aro.

Tamén falamos un pouquiño de emocións e para iso vimos o conto de PAULA Y SU CABELLO MULTICOLOR.
É importantísimo traballar as emocións dende ben pequeniños, por iso seguiremos mergullándonos no mundo emocional ao tempo que os pequen@s van madurando, para axudalos a medrar de xeito equilibrado.


Despedímonos ata a próxima semana cun vídeo resumo da nosa polifacética vida no cole.


Que teñades unha boa semana.

Bicos.


sábado, 18 de noviembre de 2017

A dragona Ramona

Esta semana foi moi intensa, comezamos coa festa do Magosto e a metade de semana recibimos a visita da dragona Ramona que tivo que cancelarse a semana pasada.

A dragona Ramona contounos o conto de Carabuñas e estivemos bastante atent@s tendo en conta que somos os pequen@s do cole.


Tomade asento, que agora ven a sesión de fotos.


Aqui vos deixamos tamén o vídeo do conto que vimos na clase.


A dragona Ramona pediunos que lle explicásemos ás nosas familias que podemos visitala na Biblioteca González Garcés do Burgo ou na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa onde ten máis sesións de contacontos para nós.

Por exemplo, o VENRES 24 DE NOVEMBRO, na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa ás 18:30 h. temos unha sesión de contacontos coa DRAGONA RAMONA, onde podemos ir acompañad@s das nosas familias e escoitar o conto ROSA CARAMELO. É para nen@s a partir de 3 anos e a entrada é libre.

Seguiremos actualizando.

Bicos.