Mostrando entradas con la etiqueta EXPERIMENTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPERIMENTOS. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de mayo de 2026

MISIÓN ESPACIAL: FOGUETE RDB

 Esta semana vivimos unha experiencia espectacular grazas á visita da familia de Artai 🚀💦

Convertémonos en auténticos científicos e científicas construíndo o noso propio foguete de auga, ao que bautizamos como RDB (Ría do Burgo). Para facelo empregamos unha botella de plástico á que lle colocamos uns estabilizadores nos lados e unha base especial para que puidese aterrar sen romper.

Despois chegou o momento máis emocionante: enchemos parte do foguete con auga e, coa axuda dun inflador, fomos metendo aire dentro da botella… e dentro… e máis dentro… ata que… PUM! 💥

O tapón saíu disparado, a auga foi expulsada cara abaixo e o noso foguete saíu voando cara arriba diante da sorpresa e emoción de todos e todas 🚀

Con este experimento aprendimos, dunha forma moi divertida, que os foguetes despegan grazas á forza do aire e da auga, descubrindo tamén a famosa 3ª Lei de Newton: cando algo empuxa cara abaixo, outra forza empurra cara arriba.

Foi unha actividade chea de aprendizaxe, curiosidade e emoción… e pasámolo xenial vendo despegar o noso Artemis 3 cara ao ceo! 🌍✨

Moitas grazas á familia de Artai por compartir connosco esta experiencia tan especial e facernos soñar que somos da NASA!


Seguiremos actualizando. . .



jueves, 19 de marzo de 2026

EXPERIMENTOS

 Durante este curso, unha vez ao mes, no Contexto de Xogos-Científico convertémonos en pequenos científicos e científicas realizando distintos experimentos moi interesantes, cos que achegamos a ciencia aos mais pequenos/as e aprendemos moitas cousas.

En xaneiro, fixemos un experimento no que simulamos unha tormenta nun vaso empregando unha vela e un perfume con alcohol, o que nos permitiu observar diferentes reaccións e falar sobre este fenómeno.



Tamén levamos a cabo en febreiro outro experimento no que tentamos reproducir placas de xeo e o seu movemento e separación utilizando talco e xabrón de pratos. A partir desta actividade, falamos e aprendemos sobre a tensión superficial, o desxeo e a importancia de coidar o noso planeta.



Por último, neste mes de marzo achegámonos ao mundo dos volcáns. Coñecemos como son e como funcionan, e mesmo fixemos a nosa propia erupción volcánica empregando bicarbonato e vinagre branco, o que resultou ser unha experiencia moi divertida e sorprendente.


Seguiremos actualizando. . .


viernes, 7 de noviembre de 2025

EXPERIMENTO DE SETEMBRO: A MELLOR SOPA DO MUNDO

 Este mes estivemos traballando moito a cohesión de grupo e a amizade a través do conto: A mellor sopa do mundo.

O conto gustoulles tanto que fixemos tamén un experimento baseado na historia.

Colocamos un plástico na parte superior da imaxe e papel de cociña na pota da sopa. Mesturamos auga con colorante e colocamos cunha pipeta gotiñas sobre a parte plástica. Cun pau de brocheta ou similar movémolas ata dentro da pota e observamos como no plástico non se desfán e camiñan cara á pota sen romperse e ao chegar ao caldeiro combínanse .

Ao mover as gotas de auga sobre unha superficie de plástico, pódese observar como a tensión superficial actúa sobre a gota, permitindo que manteña a súa forma. Ademais as moléculas de auga adhírense entre sí (cohesión) e interactúan coa superficie de plástico .

Aqui tendes aos peques explicando o experimento. . .
experimento: A mellor sopa do mundo de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Pilar e Bibi

martes, 15 de abril de 2025

VENRES DE CIENCIA CON CIENTÍFICO CONVIDADO: ESPECTRÓMETRO

 No mes de marzo, o noso venres de ciencia contou cun convidado especial e tamén profesional. Visitounos Daniel, o pai de Ayane e xuntos ensináronos cómo contruír de xeito simple un espectrómetro caseiro.


Espectrómetro Presentation in a Bold Blue Style de Bibianaboedoedu

Gracias Daniel,  por axudarnos a achegar a ciencia aos peques!

Seguiremos actualizando. . . 

domingo, 9 de marzo de 2025

VENRES DE CIENCIA : FLUÍDO NON NEWTONIANO

  O pasado venres tiñamos venres de ciencia, pero como era a celebración do Entroido pospuxemos o experimento de febreiro para esta primeira semana de marzo.

Aqui nos tendes en acción experimentando e explicando o Fluído non Newtoniano. . .


Blue and White Doodle Playful Science Project Presentation de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .

lunes, 23 de diciembre de 2024

EXPERIMENTO DE DECEMBRO: NEVARADA

 Aqui vos deixamos un resumo do noso experimento do mes de decembro no Contexto de Xogos-Científico.


NEVARADA de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .

sábado, 16 de noviembre de 2024

VENRES CIENTÍFICO: LÁMPADA DE LAVA

 Este venres tocounos repetir no Contexto de Xogos-Científico, asi que. . . transformámonos en pequen@s grandes científicos e fixemos a nosa propia lámpada de lava.

LÁMPADA DE LAVA de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

viernes, 1 de noviembre de 2024

Pequen@s científic@s: leite de cores

Os venres que nos toca repetir no Contexto de Xogos-Científico facemos un experimento.

Comprobamos como funciona a tensión superficial. Botamos leite enteira nun prato e poñemos varias gotas de colorante vexetal de distintas cores no centro do prato de leite. Probamos a facelo en recipientes transparentes , pero no saiu tan ben coma nun prato.



 O colorante é menos denso que o leite e flota. 

Vertemos nun vasiño deterxente de lavar a vaixela. Mollamos un hisopo no deterxente, colocámolo no centro do prato e observamos: Ao mesturarse o deterxente coa grasa do leite disminúe a tensión superficial do leite e o colorante expándese e exténdese polo leite . Isto é porque o xabrón descompón as moleculas de grasa e fai que as cores se mesturen e se dispersen.


Despois de facer o experimento, plasmámolo nun debuxo.



Blue Cute Illustration Learning Science Video de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

miércoles, 17 de abril de 2024

XOVES DE CIENCIA: BURBULLAS DE CORES

 Comezamos cos experimentos dos Xoves de Ciencias no colexio.

Este ano @s peques de 3 anos somos os primeiros/as.

Fixemos un súper experimento ao que chamamos ; Burbullas de cores.

Primeiro preparamos nunha bandexa bicarbonato, explorámolo e manipulámolo.


Despois preparamos nuns vasos vinagre con colorante alimentario de 3 cores diferentes.


E xa por ultimo,  mesturamos con axuda dunhas pipetas o vinagre co bicarbonato. A mezcla libera Co2 e xeramos unhas fermosas burbullas de cores.


Despois de experimentar na clase e entender ben o experimento explicámolo aos compis doutras clases.
O xoves 11 de abril fomos os protagonistas dos Xoves de Ciencia do cole.


Tamén podedes vernos no Club de Ciencia do colexio se pinchades no seguinte enlace: CLUB DE CIENCIA

Seguiremos actualizando...