Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. PROPOSTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. PROPOSTAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 22 E NOVAS PROPOSTAS

 

Na nosa árbore de Nadal xa quedan cada día menos sobres para abrir e no último. . . haberá sorpresa especial ! ! !


Aqui tendes o contido do sobre número 22.


A palabra de hoxe é : LUCES

E a proposta para facer en familia : VISITAR ALGÚN DECORADO DE NADAL

E agora póñovos uns deberes importantísimos ! ! !
Atención ! ! !


Abrigádevos ben e saíde a pasear cando se faga de noite para ver ben as luces e o decorado de Nadal, disfrutade moito do paseo e da compañía, das luces , do aire fresquiño na cara e. . . facédevos unhas fotiños de recordo.
Logo xa , para sacer nota, mandar as fotos dos vosos paseos coas luces de Nadal ! ! !

Mooooooitos biquiños.

Bibi

sábado, 18 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 19 E NOVAS PROPOSTAS

 Aqui tendes a apertura do sobre número 19 coas novas propostas.


Este é o contido dos sobres


A palabra para traballar a linguaxe é : ESTRELA
Podedes comezar falando do seu significado, da existencia de estrelas no ceo pola noite pero tamén da existencia de estrelas de mar.

Aqui vos deixamos un vídeo sobre estrelas de mar e outros aimaliños ben curiosos.


Por si vos apetece imprimir unha proposta , aqui vos deixamos unha idea.


A tarxetiña coa proposta para facer en familia di : ler un conto de Nadal.
Por si non tendes ningún a man, aqui vos deixamos un ben fermoso : SUEÑOS DE NIEVE ( de Eric Carle)



Cántos animais tiña o granxeiro do conto?
Eres capaz de debuxalos todos?

Hoxe propóñovos facer unha merenda de Nadal moi saudable. Precisades: uvas, plátano, fresas e queixo.
Qué vos parece?


 1 - Para os que queredes aprender xogando, aqui tendes un xogo interactivo de laberintos de Nadal.



2 - Quén é capaz de facer este rompecabezas e montar a árbore de Nadal como a do modelo?



3 -  Agora tendes que unir cada motivo de Nadal coa súa sombra.


E ata aqui as propostas de hoxe.

Pasade un bo domingo

Biquiños

Bibi