sábado, 28 de abril de 2012

CAMIÑANDO ENTRE DINOSAUROS . . .

    Como xa saberedes, nestes días estivemos lendo o conto do "Dinosaurio Belisario" e fixemos uns debuxos do conto mooooi chulos, nos que parece que o que máis nos gustou foron os calzóns de corazonciños que tiña . . .


    Estivemos moi ocupad@s facendo un bote para os lápices de dinosauros. E falamos de que agora que ímos maiores e que para o ano ímos para 1º de Primaria, estaría ben que tivésemos un escritorio ou un lugar tranquiliño para nós, no que poñer o noso bote de lápices para facer as nosas cousiñas do cole, pintar, ler e , en definitiva, no que poidamos adquirir bós hábitos de estudo o día de mañá. 
     Tamén vos contamos que fixemos un mural para o pasillo, pero aínda non vos ensinamos as fotos. Agora veredes como nel plasmamos as nosas aprendizaxes sobre dinosauros e outros seres que habitaban nesa época, pero que non son considerados dinosauros. Puxemos ao lado de cada un o seu nome e tamén si eran carnívoros ou herbívoros,  falamos da vexetación que había na época dos dinosauros e, como non, dos volcáns.


CAMIÑANDO ENTRE DINOSAUROS on PhotoPeach

Ah ! Pasámolo moi ben no ordenador, con estes xogos de dinosauros, e encargáronme ben que lembrase  poñervos aquí os enlaces para xogar nestes días, e para que non me pidan o libro de reclamacións. . .

http://www.tudiscoverykids.com/juegos/dinosaurios/

http://es.yupis.org/juegos/el-juego-de-los-dinosaurios/#play

Moitos bicos e lembrade que voltamos ao cole o mércores día 2 de maio.

lunes, 23 de abril de 2012

HOXE CELEBRAMOS . . .



o

dia

do

libro

Contamos o conto do "Dinosaurio Belisario" e fixemos uns marcapáxinas de dinosauros . . .




"Os libros son as abellas que levan o polen dunha intelixencia a outra"

James Russell Lowel
(1.819 - 1.891)
Poeta e escritor estadounidense.

domingo, 22 de abril de 2012

A CANCIÓN DOS DINOSAUROS.


Esta semana cantamos e bailamos esta canción dos dinosauros, é todo un éxito na nosa clase. . .  Pero, ollo ! ! ! Non todos son dinosauros. Sabes cales non son ?


sábado, 21 de abril de 2012

VOLTAMOS Á ERA DOS DINOSAUROS !

Os dinosauros invadiron a nosa clase, non sabemos  moi ben cómo chegaron. . .  O que si sabemos é que non foi voando e aterrando en Alvedro, nin nadando pola Ría do Burgo. . . porque se algo quedou claro nesta semana é que só eran dinosauros os terrestres.
Así empezamos unha nova aventura, que nos levou á pizarra dixital a ver unha presentación que fixo a profe para abrir boca, falamos do que comían, de cómo vivían, cómo nacían, etc., e aprendimos un lote palabras novas, algunhas rarísimas. . .
Fixemos un mural no pasillo, aprendendo a distinguir os que eran ou non eran dinosauros, cantamos e bailamos cunha canción de dinosauros,  xogamos no ordenador cun xogo de dinosauros, xogamos nos rincóns con dinosauros de xoguete, contamos contos de dinosauros. . . En fin, benvid@s á dinosauro-manía.


Empezaremos por ensinarvos toooodo o que trouxemos á clase para investigar e cómo o organizamos. . . Como sempre digo, sodes as familias máis colaboradoras do mundo mundial . . . Graciñas.


A INVASIÓN DOS DINOSAUROS . . . on PhotoPeach Perdoade se non sae algo, pero é imposible reflexar toooodo o que temos na clase ! bicos.

martes, 17 de abril de 2012

REPASADE O QUE APRENDIMOS DE PICASSO !



Despois de días "pelexando" cas novas tecnoloxías, por fin, conseguín subir a actividade que fixen para que repasedes algunhas cousiñas que aprendimos de Picasso . . . non teño claro si saberei voltar a facelo. . . Agora entendo cómo se senten os / as peques cando non lles sae algo e o intentan veces e veces. . .
Espero que o pasedes ben xogando. . .

lunes, 16 de abril de 2012

GRANXEIRO ÚLTIMO MODELO ! ! !

Hoxe aproiveitamos que saiu o sol para aprender a prantar fresas co profe Xoán. Estivemos moi atent@s ao que nos explicou, hai que facer un buratiño na terra, meter a raíz dentro, tapala ben e. . . regar ! Parece sinxelo, pero . . . veremos medrar as nosas fresas ? Mmmm. . . Qué ricas. . .




viernes, 13 de abril de 2012

A CAIXA DE INVENTAR CONTOS !!!

A última novidade na nosa clase é esta caixa para facernos pensar, imaxinar, soñar, deixar voar a imaxinación e  . . . perder a vergonza de falar en público. Chamámoslle  " A Caixa para inventar contos".
Cando a abrimos, atopamos 3 sobres que nos axudan a inventar un conto para regalarlle aos nos@s compañeir@s.  Nun atopamos personaxes,  noutro obxectos (máxicos ou non, ao gusto do consumidor) e noutro lugares. Temos que elexir unha tarxeta de cada sobre sen mirar  ( non vale facer trampas !!! ) e . . .contar  un conto para tod@s.
A nosa imaxinación é insuperable . . . e xunt@s xa viaxamos á lúa na que vivía unha raíña cunha espada máxica, a un bosque no que vivía unha pantasma que lle quitou a súa vasoira voadora a unha bruxa . . .
Mirade qué viaxes tan económicos . . . e que ben o pasamos !
Aqui vos deixamos algunhas fotiños cos atrevid@s que xa nos regalaron uhna historia .

Ábrese o telón. . .


FELICIDADES CARLOS !!!

O noso Carlos xa é un homiño de 6 anos, e celebrouno convidándonos á volta das vacacións a un bizcoito de cumple...mmm...qué rico...
Mirade qué cara seria se lle puxo ao cumprir anos... que non se ri nin para a foto !!!

Un bico Carlos !

miércoles, 4 de abril de 2012

MINGOTE: OUTRO SEÑOR QUE PINTABA !!!

Nestes días nos que empregamos tanto o ordenador e internet, nos que as novas tecnoloxías mandan e temos que modernizarnos para estar á ultima, nos que @s nen@s nacen e viven rodeados ordenadores, tablet,  i- Phones, teléfonos con wasap e "interneses" varios... Agardemos que os chistes deste "outro señor que pintaba" non sexan certos, e que tamén aprendan a desfrutar dun bó libro.
Agora  empezades a ler... pero non paredes nunca!

Bicos.