Mostrando entradas con la etiqueta PIRATAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PIRATAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de marzo de 2016

PIRATEANDO ! ! !

Estamos preparando xa as contraportadas dos nosos caderniños de Piratas, son persoalizadas, cada un ao seu gusto foi elexindo a que prefería.

Traballamos con ilusión coas ganas de ver o cadeniño rematado, posto que estamos desexando levalo para casa.



Este venres levamos para casa as marionetas Piratas. 
Para evitar que rompesen metímolas no sobre plástico que temos na mochila.
Tranquilos Asier e Brais que temos as vosas marionetas gardadas para cando vos recuperedes e voltedes ao cole! ! !



Recortando as marionetas, xurdiu un momento cómico, non falto de certo perigo,  porque como xa vos imaxinaredes uns teñen máis maña coas tesoiras e outr@s precisan máis axuda.

Pero. . . hai algún maños@ que despois de deixarlle elexir tesoiras, axudarlle a colocar os dedos e ver que tiña unha boa destreza coas tesoiras e podíase manexar de xeito autónomo, deixei recortando mentres axudaba a quen non era capaz de manexarse por sí mesm@.

Dous segundos despois miro polo rabillo do ollo e atopo ao mestre/a das tesoiras cortando as uñas das mans, moito máis interesante sen dúbida que cortar a marioneta e, sen dúbida, máis atrevido. . . onde vai parar. . . Toda unha aventura ! ! !


Teño que confesar que a miña pregunta non estivo acertada, polo factor sorpresa de presenciar un "momento manicura", cousa que non agardaba ver e só acertei a dicir: 
- Pero . . . qué fas??? 

A resposta era máis que evidente: 
- Me estoy cortando las uñas porque cuando las tengo así largas hay que cortarlas, ¿sabes?

- Si, claro que o sei, pero iso non se fai coas tesoiras da clase. (Respostei aguantando a risa como puiden)

Resposta evidente de novo:

- Es que cuando están así de largas me molestan y tengo que cortarlas.

É habitual que experimenten, e que lles guste probar o efecto das tesoiras en distintas superficies e materiais, como nen@s que son penso que incluso é a súa obriga experimentar,  pero é a primeira vez que atopo a alguén tan preocupado pola súa manicura. jajaja...


Xa vos estou vendo mirándolles as uñas para ver quén foi. . . (je, je, je), pero o/a  artista non chegou a cortar nada.

Boa semana.

Bicos



jueves, 25 de febrero de 2016

NOVAS AVENTURAS PIRATAS.

Tras aprender o xuramento pirata, había que poñelo por escrito, todo moi profesional, como si dun contrato se tratase, e. . . a falta de asinar nel, puxémoslle a nosa foto.


Agora xa somos auténtic@s piratas! ! !

Piratas da Ría CURSO 2015-16 on PhotoPeach

E xa temos buscada unha illa para. . . agachar os nosos tesouros e. . . ir de vacacións como nos din o profe Óscar e a profe Nerea.


Bicos piratas.

sábado, 13 de febrero de 2016

APRENDEMOS O XURAMENTO DOS PIRATAS ! ! !

Aprendemos o xuramento dos piratas e. . . xa de paso vocabulario novo de lobos de mar: popa, proa, babor, estribor. . . 


Localizamos a popa e a proa e viramos a todo a babooooooor e todo a estriboooooor ! ! !


O xuramento dos piratas di: 
" Delante la proa, detrás la popa, derecha a babor, izquierda a estribor y quien no lo sepa. . . al tiburón! ! ! "



Grazas ao profe Óscar por facer de fotógrafo.

Bicos piratas.

domingo, 22 de noviembre de 2015

UN POUCO DE TODO

Os piratas somos xente inqueda, por iso andamos a moitas cousas que aínda non vos ensinamos.


Empezaremos polas cousas de Piratas, pois nestes días estivemos falando de costumes piratas, da súa indumentaria, etc.


Estas son agunhas das actividades que plasmamos en papel, pois moitas  veces adicámonos a ler contos de Piratas ou información dos libros que temos no rincón; co que rematamos razoando sobre comportamento, hixiene, medios de transporte que non existían na época dos Piratas e agora si, tamén sobre o motivo polo que eles desplazábanse empregando barcos, etc.


Estamos facendo distintas actividades en torno á letra i


Traballamos a letra i na pizarra máxica.


E fomos capaces de seguir de xeito individual o conto da Iguana Irene nos nosos libros mentres a profe o estaba lendo.



Tamén cantamos a canción da Iguana Irene, pero aínda non estamos preparad@s para sacar un disco ao mercado; así que vai ser mellor que vola cantemos na casa. (je, je, je)


E xa por último temos que agradecervos a vosa colaboración na CAMPAÑA DO BANCO DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS.


Nestes días, subimos moi caladiños a onde se atopaban as caixas de recollida de alimentos.
Alí ordeamos e calsificamos cada alimento na caixa correspondente.
Ordear e clasificar son actividades lóxico-matemáticas ben importantes.


E agora un vídeo resumo de todas estas aventuras.

UN POUCO DE TODO on PhotoPeach

Bicos.


domingo, 25 de octubre de 2015

PIRATAS DO SAMAÍN.

Nestes días seguimos recibindo material para o proxecto dos piratas.


Silvia explicounos a diferencia entre unha pirata boa e unha pirata mala e descubrimos que é unha estupenda actriz ! ! ! je , je, je. . . Non vos perdades a súa cara porque é xenial ! ! !


Marina e Manuel Nistal trouxeron cousiñas de piratas para disfrazarnos e fixéronos rir  moito á hora de explicarnos cómo había que poñelas.


Rematamos o mural pirata e colocámolo no rincón.



Pero tamén fixemos outras cousas, por exemplo, Sofía trouxo castañas e noces para ensinarnos a tod@s.


E comezamos a facer adornos para o Samaín que próximamente vos amosaremos rematados.


E agora. . .un vídeo resumo da semana cun pouquiño de todo.

Piratas do Samaín on PhotoPeach
O xoves poden vir disfrazados de temática do Samaín. Tende  en conta que a roupa ten que ser cómoda e facilitarlles a autonomía para ir ao baño.

Que teñades unha terrorífica semana ! ! !

Bicos.

sábado, 17 de octubre de 2015

ENTRE PIRATAS E BRUXAS.

Esta semana curtiña pasámola entre piratas e bruxas.

Comezamos a facer unhas bruxas terroríficas para decorar a escola polo Samaín.
Agardamos que teñades moito medo ao velas cando as teñamos rematadas.



A profe Adriana tróuxonos un conto de piratas moi fermoso.




Logo vímos o vídeo e cantamos a canción de Mamá Cabra do Pirata Metepata.



Lemos cousas de piratas e falamos sobre eles.
Aprendimos unha palabra dificilísima: "Catalejo"


E tentamos comprender o seu uso.

Tivemos que pensar para atopar as cousas que podían pertencer a un pirata e colorealas.



E preparamos a portada do libro de piratas que ímos elaborar.



Hoxe deixamos un vídeo para cantar e bailar! ! !



Que teñades unha boa semana e . . . lembrade traer un cartonciño dos do papel hixiénico para as nosas manualidades terroríficas.

Bicos.


domingo, 11 de octubre de 2015

PIRATAS Á ABORDAXE ! ! !

Nestes días estivemos pensando e escribindo os nosos coñecementos previos sobre os piratas, pero tamén pensamos no que nos gustaría aprender sobre eles. A profe Adriana tomou boa nota de todo o que dicíamos e ímolo incorporar ao mural pirata que estamos facendo para o rincón en canto o teñamos rematado.



MURAL PIRATA on PhotoPeach

Pero ademáis recibimos moooooooita axuda para as nosas investigacións.
Así que . . . mirade cantos tesouros temos ! ! !






TESOUROS RECIBIDOS on PhotoPeach

E ata aqui as nosas aventuras desta semana.

Para rematar, quixera facervos unha petición. De cara a comezar a preparar manualidades para decorar o cole polo Samaín, precisamos un tubiño de cartón dos que veñen co papel hixiénico.


Graciñas pola vosa colaboración!!!
Sodes un tesouro ! ! !
Desfrutade da ponte.

Bicos.


sábado, 23 de febrero de 2013

AO ABORDAXE MEUS PIRATAS ! ! !

A nosa aventura pirata rematou e nestes días fixemos os nosos derradeiros traballiños.
Durante todo este tempo fixemos un lote de cousas: identificámonos como grupo e co nome da nosa clase, xogamos, limos contos de piratas, aprendimos vocabulario novo ( vela, timón, catalexo. . . ) contamos historias de piratas, fixemos puzzles, usámolos como modelos de comportamento do que NON hai que facer,  aprendimos a buscar información nos libros e en internet, cantamos,  etc.
Nos vindeiros días levaremos para casa o libro dos piratas que fixemos e todas as cousiñas que trouxemos para o rincón dos piratas.
Xa vos informaremos de cal será o noso novo proxecto no que nos ímos embarcar para investigar xunt@s.
 Graciñas pola vosa colaboración na nosa primeira aventura ! ! !

AO ABORDAXE MEUS PIRATAS ! ! ! on PhotoPeach

Aqui vos deixo o patrón da marioneta pirata, que a verdade non sei de onde saiu porque téñoa dende fai tempo xa, e tamén o traballiño do xuramento pirata que fixen para que pegasen a súa foto.





bicos.



viernes, 15 de febrero de 2013

LETRAS, NÚMEROS, PIRATAS. . . E UN LOTE DE COUSAS QUE NON VÍCHEDES AÍNDA. . .

Esta semana foi moi curta, tan só 2 días que case nin saboreamos. Pero esta  capitana pirata é moi previsora e ten un lote de fotos que non víchedes aínda. . . será por fotos. . . je je je. . .

Últimamente amosámosvos as imaxes de dúas conmemoracións recentes que tivemos na escola, a da Paz e o Entroido, pero nestas dúas semanas fixemos moitas máis cousas. . .non todo foi festa. . . Seguimos a traballar o inverno, a letra E e a letra I, o número 1, os conceptos alto - baixo, fixemos cousiñas de piratas. . .  e nestas fotos saen amig@s que agora están maliñ@s e non viñeron á escola. Un bico para Natalia, Ismael e Andrea e a millorarse pronto guap@s! ! !
Botade unha ollada e veredes cánto aprendemos. . .

LETRAS, NÚMEROS, PIRATAS. . . on PhotoPeach
Ah! ! ! Unha noticia de última hora! ! ! Onte a bruxa Pepita devolveunos os libros da clase e levamos unha alegría  . . . 
Seremos capaces de coidalos para que non marchen de novo? ? ? 
Esperemos que si. . .

Déixovos un xogo que lles prometín para que poidan facer un boneco de neve.

E por último, aqui están os modelos de fichas que elaborei para traballar os conceptos que aparecen no vídeo.

  
 


 



bicos.