Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de mayo de 2026

MISIÓN ESPACIAL: FOGUETE RDB

 Esta semana vivimos unha experiencia espectacular grazas á visita da familia de Artai 🚀💦

Convertémonos en auténticos científicos e científicas construíndo o noso propio foguete de auga, ao que bautizamos como RDB (Ría do Burgo). Para facelo empregamos unha botella de plástico á que lle colocamos uns estabilizadores nos lados e unha base especial para que puidese aterrar sen romper.

Despois chegou o momento máis emocionante: enchemos parte do foguete con auga e, coa axuda dun inflador, fomos metendo aire dentro da botella… e dentro… e máis dentro… ata que… PUM! 💥

O tapón saíu disparado, a auga foi expulsada cara abaixo e o noso foguete saíu voando cara arriba diante da sorpresa e emoción de todos e todas 🚀

Con este experimento aprendimos, dunha forma moi divertida, que os foguetes despegan grazas á forza do aire e da auga, descubrindo tamén a famosa 3ª Lei de Newton: cando algo empuxa cara abaixo, outra forza empurra cara arriba.

Foi unha actividade chea de aprendizaxe, curiosidade e emoción… e pasámolo xenial vendo despegar o noso Artemis 3 cara ao ceo! 🌍✨

Moitas grazas á familia de Artai por compartir connosco esta experiencia tan especial e facernos soñar que somos da NASA!


Seguiremos actualizando. . .



martes, 13 de mayo de 2025

DÍA DO LIBRO 2025: CONTACONTOS COAS FAMILIAS

Para conmemorar o Día do Libro, convidamos ás nosas familias a vir á escola a contarnos contos marabillosos .

Aqui vos deixamos unha escolma de fotiños deses momentos de lectura compartidos que tanto desfrutamos.

Grazas por animarvos a vir!!!


Ayane co seu pai Daniel contándonos o conto: Vamos a cazar un oso.


Bruno co seu pai Emilio e a súa nai Ruth contándonos co conto: Marcelina en la cocina.


Daniela coa súa nai Vanesa e o seu pai Isidro contándonos o conto: El Dragón Zog.


Enzo coa súa nai Nuria contándonos o conto : ¡ Llévame!


Hugo coa súa nai Fany contándonos o conto : Onde viven os monstros.


Iria coa súa nai Aurora contándonos o conto: El cuento que quería ser contado.


Iván coa súa nai Ana contándonos os contos : A casa da mosca chosca e 7 dientes de león.


Martina coa súa nai Marta  contándonos o conto : La cebra Camila.


Martiño co seu pai Vicente contándonos o conto: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.


Tempo coa súa nai Sonia e seu pai Marcos contándonos o conto : El libro de la selva.


Seguiremos actualizando. . . 

miércoles, 1 de mayo de 2024

CONTACONTOS COAS FAMILIAS NA SEMANA DO LIBRO

 Durante a semana do Libro compartimos lecturas no colexio coas nosas familias.

Tivemos a sorte de recibir as visitas das nosas familias para ler os nosos contos favoritos.

Presentación Proyecto Trabajo Doodle Orgánico Multicolor de Bibiana Boedo

Seguiremos actualizando. . .

sábado, 22 de abril de 2023

CONTACONTOS DAS FAMILIAS E VISITA Á ÓPERA

 Esta semana, para conmemorar a Semana do Libro recibimos as visitas da familia de Diego e de Martina.

 Natalia, a nai de Diego, contounos  o conto: El increible barco del Capitán Marco


Marisol, a avoa de Martina , contounos o conto de : Pum Pum


Xogamos coa recta numérica a poñer os números que faltaban para que o Monstro de cores non estea confundido.


Tamén estivemos preparando a visita do xoves ao Pazo da Ópera para ver a Carapuchiña en versión ópera. Aprendimos que a ópera é unha obra de teatro cantada, que acompaña unha orquestra e que ten uns personaxes , igual que os contos.
Daniella trouxo un libro moi interesante co que aprendimos cousas das orquestras e dos instrumentos musicais.
E por fin chegou o xoves e pasámolo xenial na nosa primeira Ópera.




Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

viernes, 30 de marzo de 2018

Mergullándonos no mar. . . e algunhas ideas para facer nestes días sen cole.

Como xa vos contamos na cartiña que levaron @s peques o último día de cole, e que el@s mesmos axudaron a preparar, no terceiro trimestre ímonos mergullar nas profundidades do MAR e imos investigar o que alí hai.

Resultado de imagen de gif animado el mar

Cómo xurde este proxecto?

Queremos contarvos como xurdiu a motivación para este proxecto, para que comprendades mellor a labor que levamos a cabo nas nosas aulas.

Cando estabamos traballando a secuencia didáctica adicada ao MARISQUEO observamos no noso alumnado interese polo tema, pois as súas inquedanzas non se quedaban só nos animais que viven na ría.

Ao mesmo tempo a través do proxecto dos PITIÑOS, que nos tivo entusiasmad@s durante o 2º trimestre, descubrimos como había outros animais que nacían dun ovo e chamáronlles especialmente a atención os peixes e as tartarugas mariñas (destas últimas incluso vimos algún vídeo).

Resultado de imagen de gif animado pensar
Así foi como decidimos plantexarlles si lles apetecía investigar O MAR  e descubrir e aprender cousas relacionadas co tema, e a resposta d@s peques foi un sonoro: siiiiiiiiii ! ! !

Cómo podedes axudar as familias?

Agora precisamos da vosa colaboración, porque á volta das vacacións devolveremos todo o material que aportáchedes para investigar OS PITIÑOS e agardamos a vosa axuda para que nos mandedes moitas cousiñas para o novo proxecto: O MAR.

Lembrade que non é preciso mercar nada, podedes traer libros, contos, puzzles, xogos, recortes de revistas e xornais, información que atopedes en internet, etc.

É moi importante que poñades o nome do do vos@ fill@ en todo o material que aporte para facilitar así a súa devolución ao remate do proxecto.

Ideas para facer estes días sen cole.

Xa que o tempo non acompaña para ir á praia e recoller cunchas para o proxecto do MAR,
ímosvos propoñer alternativas:

- Un xogo on line para aprender os tamaños GRANDE- MEDIANO-PEQUENO , tal e como fixemos nos últimos días de cole.
Pincha aqui para xogar.

Imagen relacionada

- Un xogo sobre o mar para ir abrindo boca . . .
Pincha aqui para xogar.


Imagen relacionada

- Unha boa sesión de CONTACONTOS MÁIS OBRADOIRO.
Data: luns 2 de abril.
Lugar: Biblioteca González Garcés (O Burgo)
Hora: 18:30
Contacontos máis obradoiro: o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.


A partir de 3 anos.
Recollida de invitacións.

Lembrade que as clases comezan o martes 3 de abril.

Bicos.


miércoles, 14 de marzo de 2018

Contacontos coa Dragona Ramona

Agora que o tempo non acompaña para xogar no parque e/ou facer outras actividades ao aire libre, unha boa opción para divertirse pode ser escoitar un bo conto.
Aqui vos deixamos a información sobre a próxima sesión de contacontos coa Dragona Ramona por si alguén se anima. . .

Resultado de imagen de dragona ramona

VENRES 16 DE MARZO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
Contacontos coa Dragona Ramona: A voda dos ratos.
A partir de 3 anos. Entrada libre.

Bicos.



domingo, 10 de diciembre de 2017

Enlaces actualizados! ! !

Na columna da dereita do blog, onde están os nosos enlaces favoritos con moitos xogos cos que podemos aprender e divertirnos, había algúns que xa non estaban dispoñibles ou non funcionaban.

Imagen relacionada

Algunhas familias avisáronme e como lles prometín, xa que estes días tiven tempo reviseinos todos.

Agora os enlaces que non funcionan xa non aparecen e. . . temos enlaces de xogos novos! ! !

Tamén os enlaces de interese para as familias na columna da esquerda están revisados e actualizados.

Bicos.

jueves, 7 de diciembre de 2017

Cóntame un conto ! ! !

Nestes días de ponte nos que temos mais tempo, lembrade o importante que é contarlles contos aos pequen@s e aproveitade para lerlles moito.

Atopamos a seguinte imaxe que nos gustou e queremos compartila con vos, porque resume dalgún xeito o importante que é para @s nen@s nestas idades escoitar contos.


No cole estes últimos días escoitamos os seguintes contos nas nosas visitas semanais á Biblioteca:




Despois de escoitalos na Biblio e desfrutar das imaxes dos libros, repetimos nas aulas pero esta vez en formato dixital, pois vimos os contos nos vídeos que aqui vos deixamos.





Desfrutade da ponte e a ler moitos contos ! ! !

Bicos.


sábado, 18 de noviembre de 2017

Magosto 2017

Asi celebramos o Magosto na escola o noso primeiro ano no cole de maiores.

Primeiro preparamos unhas coroas para lucir ben guap@s o día da festa.




Nas clases cantamos a canción das castañas.



O día da festa comezamos a xornada visitando ao castañeiro para coñecer de primeira man en que consistía a súa labor.

Logo fomos ao patio, onde os nenos de 6º curso de Educación Primaria tiñan preparados para nós uns xogos tradicionais cos que o pasamos xenial.

Grazas maiores pola vosa paciencia con nós, por explicarnos tan ben os xogos e axudarnos a xogar! ! !


Despois de merendar e de xogar no patio de xeito libre, recibimos ás nosas familias que nos acompañaron a comer as tracidionais castañas do Magosto.

Grazas a todas as familias que puideron vir e que se animaron a acompañarnos ! ! !

Aqui vos deixamos unhas fotiños da festa.


Agardamos que vos gusten pois estamos probando distintas aplicacións para facer montaxes con fotos que poidan subirse ao blog, que sexan gratis e que non dean moito traballiño; asi que admitimos opinións e suxestións pero tende en conta que sexan sinxelas porque non son informática, só aficionada a "retellar" no ordenador.

Seguiremos actualizando.

Bicos.


domingo, 12 de noviembre de 2017

PROXECTO SALVAVIDAS


Queridas familias, despois de tanta foto de festa temos que poñernos un pouquiño mais serios, pois precisamos da vosa colaboración para levar adiante esta iniciativa.

Por se alguén non recibiu a información ou non consultou a páxina do cole, publicamos o texto con toda a explicación sobre o PROXECTO SALVAVIDAS.

Lede con atención porque xunt@s podemos conseguilo ! ! !

Bicos.



PROXECTO SALVAVIDAS.  Desde a Dirección e a ANPA do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo dirixímonos a toda a comunidade educativa do centro para propoñer a participación de familias e profesorado nunha campaña solidaria, promovida polo Proxecto Salvavidas, que ten por obxectivo que o noso centro acabe sendo un Espazo Cardioprotexido coa instalación dun desfibrilador semiautomático e a formación do persoal para a abordaxe dunha serie de trastornos como a parada cardiorrespiratoria, asfixia e afogamentos.
A existencia de desfribiladores semiautomáticos para persoal non sanitario en lugares públicos, así como a formación en técnicas básicas de recuperación cardiopulmonar, consiguen salvar a unha elevada porcentaxe de persoas que sofren un paro cardíaco xa que, para isto, hai que actuar rápido e o desfibrilador debe chegar nos primeiros 4 minutos, tempo insuficiente, na inmensa maioría dos casos, para que acudan os servizos de emerxencias. Neste colexio, nos últimos anos, o profesorado e o alumnado, conscientes desta realidade, están a participar en diversas actividades relacionadas cos primeiros auxilios e a RCP. Opinamos que un desfibrilador non é un aparato máis para o centro educativo, xa que os beneficiarios son o alumnado, o profesorado, o persoal laboral  e, en xeral, todas as persoas que acoden ao centro a diario.
Para conseguir este obxectivo pedimos a participación activa das familias e da comunidade educativa, colaborando nacompra dunhas pulseiras coas que financiar o proxecto, xa que, se cada alumno/a acaba facéndose cargo de 3 unidades (ben sexa quedándose con elas ou vendéndoas a familiares, amigos e veciños), entre todos conseguiremos a cantidade de unidades necesaria coa que obteremos un desfibrilador de última xeración, a vitrina e cartelería, e a formación para o persoal docente. O donativo por cada pulseira é de 3 euros. As familias que, voluntariamente, queiran colaborar, notificarán a través dos nenos/as aos titores/as o luns, 13 de novembro, o número de pulseiras que queren. Cando saibamos o número total das mesmas, avisaremos para que as familias ou os nenos/as pasen a recollelas e pagalas.
Grazas de antemán pola colaboración prestada.


miércoles, 8 de noviembre de 2017

Plans que todo nen@ debería facer antes de que remate o outono.

O outono é unha das épocas que mellores recordos deixa na mente dos cativos, ainda que se reducen as horas de luz e o tempo refresa (parece que se nos rematou o "veroño", je, je, je), hai moitas actividades que @s nen@s poden facer ao aire libre.

As profes de 3 anos propoñémosvos que botedes un ollo a este artigo que queremos compatir con vos para que desfrutedes en familia do outono.

Pinchade abaixo, onde pon PLANS DE OUTONO, para ler o artigo.

Image result for gif flecha

domingo, 15 de enero de 2017

Actividades culturais

Por se vos resultan de interese, déixovos a información de dúas sesións de contacontos ás que podedes ir cos pequen@s:

VENRES 20 DE XANEIRO
Biblioteca González Garcés do Burgo 18:00 h.
Contos en Inglés: Bright Stanley
A partir de 4 anos.
Entrada libre.

VENRES 27 DE XANEIRO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa 18:00 h.
Contacontos coa Dragona Ramona: o papaventos da biblioteca.
A partir de 3 anos.
Entrada libre.

Bicos.

domingo, 1 de enero de 2017

A ratiña Pipa

A ratiña Pipa trasladouse a vivir á nosa clase.
 Cando ninguén a ve percorre o colexio buscando contos para nós; ás veces elixe contos dos que lles pedimos aos Reis Magos e Papá Noel para traballar na aula e outras veces sae da nosa clase na procura de histotias que poidan espertar a nosa curiosidade.




Quixera aproveitar para agradecer a súa colaboración a todas as familias que lembraron pedir aos Reis Magos e Papá Noel o ano pasado os contos cos que traballamos ao longo destos meses e que levaron de volta para casa agora que finalizou o trimestre.

Tamén animarvos a que fagades o mesmo coas peticións que vos mandamos este ano antes das vacacións de Nadal.

Pensade que os contos son material de aula tamén ao igual que os cadernos de traballo individuais, pero que neste caso permítenos traballar aspectos que cos cadernos non é posible e son de moita importancia nestas idades.
Cos contos traballamos: emocións, amizade, resolución pacífica de conflitos, valores, respecto, tolerancia, diversidade, etc.

Imagen relacionada


As suxestións de contos que vos facemos para pedir están pensadas tendo en conta os gustos e madurez de cada cativ@, así como os aspectos que se poden traballar na aula de xeito conxunto con eses contos, así que. . . lembrádello aos Reis Magos para que a ratiña Pipa teña onde escoller! ! !

Por si aínda non estades covencidos. . . aqui vos deixamos unha pequena montaxe con algúns dos moitos beneficios que teñen os contos no desenvolvemento dos pequen@s.

sábado, 10 de diciembre de 2016

Piper: un corto de Pixar para xogar a pensar.


Fai uns días, cambiamos as nosas sesións de filosofía para nenos habituais e lanzámonos á piscina (bueno, neste caso máis ben ao mar) cunha sesión de xogar a pensar partindo dun vídeo.

Con este fermoso conto de Pixar falamos de protección, sobreprotección, emocións, non rendirse ante os problemas, axudar aos amigos, pensar para buscar solucións aos problemas, chorar non axuda, deixar que nos equivoquemos porque explorando tamén se aprende, facerlle as cousas aos demais non axuda porque asi non aprenden, etc.

Gustou tanto que tivemos que velo e comentalo varias veces e. . . estou segura de que si non o poño no blogue me piden o libro de reclamacións! ! !

Bicos.

lunes, 5 de diciembre de 2016

25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.

Para traballar este tema na aula vimos un vídeo do conto Arturo e Clementina.


Reflexionamos sobre o comportamento de Arturo e sobre a maneira de ser de Clementina.
Alegroume escoitar cousas como:
- Pues Arturo que se pusiese él la concha cargada de cosas, en vez de cargar a Clementina.
- Clementina se tenía que haber escapado antes! ! !


Logo fixemos uns debuxos preciosos de Clementina, xunto co lazo morado que todos/as lucimos neste dia tan sinalado.


Bicos.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Colaboramos co Banco de alimentos Rías Altas.

Acudimos ao punto de recollida de alimentos na escola para clasificar os alimentos aportados polo alumnado da nosa clase nas caixas correspondentes.



Aproveitamos a viaxe ao primeiro piso para colocar os tapóns que reciclou a familia de Sofía no seu punto de recollida na escola.


Grazas a todas as familias pola súa colaboción.

Bicos.