Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIA. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de noviembre de 2025

EXPERIMENTO DE SETEMBRO: A MELLOR SOPA DO MUNDO

 Este mes estivemos traballando moito a cohesión de grupo e a amizade a través do conto: A mellor sopa do mundo.

O conto gustoulles tanto que fixemos tamén un experimento baseado na historia.

Colocamos un plástico na parte superior da imaxe e papel de cociña na pota da sopa. Mesturamos auga con colorante e colocamos cunha pipeta gotiñas sobre a parte plástica. Cun pau de brocheta ou similar movémolas ata dentro da pota e observamos como no plástico non se desfán e camiñan cara á pota sen romperse e ao chegar ao caldeiro combínanse .

Ao mover as gotas de auga sobre unha superficie de plástico, pódese observar como a tensión superficial actúa sobre a gota, permitindo que manteña a súa forma. Ademais as moléculas de auga adhírense entre sí (cohesión) e interactúan coa superficie de plástico .

Aqui tendes aos peques explicando o experimento. . .
experimento: A mellor sopa do mundo de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Pilar e Bibi

sábado, 5 de julio de 2025

VENRES DE CIENCIA: EIRUGAS EN MOVEMENTO

 Durante estas semanas estivemos observando e investigando o ciclo de vida dos vermes de seda. A través da súa evolución, desde o ovo do que nacen, pasando  polas eirugas , ata chegar as bolboretas, aprendemos moito sobre os cambios que experimentan os seres vivos. Esta experiencia inspirounos para facer o derradeiro experimento do curso  chamado “Eirugas en movemento”. 

Foi unha forma divertida e educativa de conectar a ciencia coa nosa curiosidade.

Eirugas en movemento de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .

martes, 15 de abril de 2025

VENRES DE CIENCIA CON CIENTÍFICO CONVIDADO: ESPECTRÓMETRO

 No mes de marzo, o noso venres de ciencia contou cun convidado especial e tamén profesional. Visitounos Daniel, o pai de Ayane e xuntos ensináronos cómo contruír de xeito simple un espectrómetro caseiro.


Espectrómetro Presentation in a Bold Blue Style de Bibianaboedoedu

Gracias Daniel,  por axudarnos a achegar a ciencia aos peques!

Seguiremos actualizando. . . 

domingo, 9 de marzo de 2025

VENRES DE CIENCIA : FLUÍDO NON NEWTONIANO

  O pasado venres tiñamos venres de ciencia, pero como era a celebración do Entroido pospuxemos o experimento de febreiro para esta primeira semana de marzo.

Aqui nos tendes en acción experimentando e explicando o Fluído non Newtoniano. . .


Blue and White Doodle Playful Science Project Presentation de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .

domingo, 9 de febrero de 2025

VENRES DE CIENCIA: ICE AGE

O mes de xaneiro tiñamos un reto científico.

Os animais polares estaban atrapados no xeo e tiñamos que liberalos. Pero as nosas cabeciñas traballan moito e non podemos deixar de experimentar.

Elaboramos hipóteses, comprobámolas e debuxamos o resultado para explicar á nosa maneira o acontecido.

Somos profesionais xa! Estamos a empregar o método científico!


Arctic Animals Presentation in Blue and White Illustrative Style de Bibianaboedoedu

lunes, 23 de diciembre de 2024

EXPERIMENTO DE DECEMBRO: NEVARADA

 Aqui vos deixamos un resumo do noso experimento do mes de decembro no Contexto de Xogos-Científico.


NEVARADA de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .

sábado, 16 de noviembre de 2024

VENRES CIENTÍFICO: LÁMPADA DE LAVA

 Este venres tocounos repetir no Contexto de Xogos-Científico, asi que. . . transformámonos en pequen@s grandes científicos e fixemos a nosa propia lámpada de lava.

LÁMPADA DE LAVA de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

viernes, 1 de noviembre de 2024

Pequen@s científic@s: leite de cores

Os venres que nos toca repetir no Contexto de Xogos-Científico facemos un experimento.

Comprobamos como funciona a tensión superficial. Botamos leite enteira nun prato e poñemos varias gotas de colorante vexetal de distintas cores no centro do prato de leite. Probamos a facelo en recipientes transparentes , pero no saiu tan ben coma nun prato.



 O colorante é menos denso que o leite e flota. 

Vertemos nun vasiño deterxente de lavar a vaixela. Mollamos un hisopo no deterxente, colocámolo no centro do prato e observamos: Ao mesturarse o deterxente coa grasa do leite disminúe a tensión superficial do leite e o colorante expándese e exténdese polo leite . Isto é porque o xabrón descompón as moleculas de grasa e fai que as cores se mesturen e se dispersen.


Despois de facer o experimento, plasmámolo nun debuxo.



Blue Cute Illustration Learning Science Video de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

miércoles, 17 de abril de 2024

XOVES DE CIENCIA: BURBULLAS DE CORES

 Comezamos cos experimentos dos Xoves de Ciencias no colexio.

Este ano @s peques de 3 anos somos os primeiros/as.

Fixemos un súper experimento ao que chamamos ; Burbullas de cores.

Primeiro preparamos nunha bandexa bicarbonato, explorámolo e manipulámolo.


Despois preparamos nuns vasos vinagre con colorante alimentario de 3 cores diferentes.


E xa por ultimo,  mesturamos con axuda dunhas pipetas o vinagre co bicarbonato. A mezcla libera Co2 e xeramos unhas fermosas burbullas de cores.


Despois de experimentar na clase e entender ben o experimento explicámolo aos compis doutras clases.
O xoves 11 de abril fomos os protagonistas dos Xoves de Ciencia do cole.


Tamén podedes vernos no Club de Ciencia do colexio se pinchades no seguinte enlace: CLUB DE CIENCIA

Seguiremos actualizando...

sábado, 10 de junio de 2023

ARTISTADAS, TEATRO, CIENCIA E TICS E MOITO MÁIS. . .

 Dentro do Programa MUS-E , participamos con María, a artista de Artes Plásticas na decoración das gradas do patio de Primaria.


Preparamos a carpeta para cando levemos as nosas "Artistadas"


Visitamos a exposición de Arte de Reciclaxe do alumnado de 1º curso de Educación Primaria , ubicada na Bibllioteca do colexio.


Aprendemos cousiñas da cultura xaponesa, lugar de onde procede a artista Yayoi Kusama.
Falamos do gato da sorte: MANEKI-NEKO


Coñecimos o Monte Fuji.


Falamos do Sushi e facémolo modelando plastilina.


Falamos do origami: o arte de facer figuriñas de papel dobrando sen empregar pegamento nin tesoiras.
E facemos paxariñas de modelado con plastilina.


Compartimos xogos e aventuras.


Facemos o guión dun conto que logo representamos en grupo diante dos compis.


Facemos as portadas dos nosos traballiños.


Recibimos a visita dunhas investigadoras do CITIC, o Centro de Investigación que potencia o avance e a excelencia en I+D+I  aplicada ás TIC, impulsado pola Universidade da Coruña.
Con elas fixemos uns talleres cos que elaboramos uns mandos cos que despois puidemos xogar e tamén    participamos xogando e experimentando con distintos materiais/xogos nos que potenciaron coñecementos científicos, investigación, desenvolvemento, innovación e TICs.





Seguiremos actualizando...un pouquiño máis. . . que xa non queda nada!

Biquiños

Bibi

sábado, 27 de mayo de 2023

XOVES DE CIENCIA 25-05-2023

 Como xa sabedes, dende o Clube de Ciencia do noso colexio, cada xoves un curso encárgase de explicar o seu experimento ou proxecto científico. Este xoves tocábanos a nós e, como estabamos investigando o corpo humán, decidimos facer unha maqueta explicando o funcionamento do aparello dixestivo.

Nas últimas semanas xa vos fomos ensinando a elaboración da nosa maqueta, pero ímos lembrar cómo foi o proceso de construcción.

Primeiro investigamos o funcionamento do aparello dixestivo e tentamos comprender o seu funcionamento.

Despóis, debuxamos e pintamos a nosa maqueta.


Unha  vez que a nosa maqueta estivo pintada, fixemos as partes móbiles para explicar o percorrido que fai a comida polo noso corpo, escribimos os nomes das distintas partes do corpo das que queríamos falar e colocamos os botóns do Anybook. O lápis de audio Anybook permitiunos grabar coa nosa voz as explicacións pertinentes en cada parte do corpo da que queríamos falar.


Xa por último, coa maqueta rematada, ensaiamos na clase  a nosa participación no Xoves  de Ciencia  explicando o funcionamento do Aparello Dixestivo.

Mirade qué requeteben o sabemos explicar!!!


E xa por último, participamos no Xoves de Ciencia , e @s nos@s representantes explicaron a nosa maqueta a tod@s os interesados que se achegaron ao noso posto científico.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi