Mostrando entradas con la etiqueta COMPARTIR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMPARTIR. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de octubre de 2024

XOGANDO COAS MATES

 No Contexto de Casa-Pobo estamos xogando con distintas propostas matemáticas coas que aprendemos casi sen decatarnos.

Por exemplo, a partir do conto "7 ratones ciegos" aprendemos a contar, tamén os números ordinais (1º, 2º, 3º...), as cores, caraterísticas ou atributos dos obxectos (longo, curto, ancho, estreito, etc)


Facemos conteo de menor a maior e de maior a menos co ábaco.


Contamos e asociamos número con cantidade coa axuda das castañas do Magosto.


Contamos e asociamos número con cantidade con policubos. Comparamos:onde hai máis cubos? e menos?



Aprendemos a contar coas regletas, o valor de cada regleta, cal número vai antes e cal despois, ordeamos de menor a maior (escaleira que sube ) e de maior a menor (escaleira que baixa).


Tamén facemos series de dous elementos  e melloramos a nosa orientación espacial co xogo "atrapa ao gato".


Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

jueves, 11 de julio de 2024

XOGOS DE FIN DE CURSO

 Para rematar o curso, fixemos uns xogos coa axuda das familias voluntarias nos que fomos pasando por distintas estacións con actividades de distinto tipo nas que puxemos en marcha os 5 sentidos.

Aqui tendes unha escolma de fotos das actividades que fixemos:

xogos fin de curso de Bibianaboedoedu

Bo verán! ! !
Vémonos o vindeiro curso! ! !

domingo, 7 de julio de 2024

MERENDOLA DE FIN DE CURSO

 O derradeiro  xoves de curso fixemos unha súper merendola de final de curso compartida , `pasámolo xenial e dimos boa conta de que todo estaba boísimooooo.

merenda fin de curso de Bibianaboedoedu 

 Seguiremos actualizando. . .